{"id":100792,"date":"2010-10-05T00:00:00","date_gmt":"2010-10-05T00:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/www.deberes.net\/tesis\/sin-categoria\/unha-perspectiva-tecnoloxica-e-experimental-das-industrias-sobre-lousa-cristal-de-rocha-e-cuarzo-na-prehistoria-recente-do-noroeste-peninsular\/"},"modified":"2010-10-05T00:00:00","modified_gmt":"2010-10-05T00:00:00","slug":"unha-perspectiva-tecnoloxica-e-experimental-das-industrias-sobre-lousa-cristal-de-rocha-e-cuarzo-na-prehistoria-recente-do-noroeste-peninsular","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.deberes.net\/tesis\/santiago-de-compostela\/unha-perspectiva-tecnoloxica-e-experimental-das-industrias-sobre-lousa-cristal-de-rocha-e-cuarzo-na-prehistoria-recente-do-noroeste-peninsular\/","title":{"rendered":"Unha perspectiva tecnol\u00f3xica e experimental das industrias sobre lousa, cristal de rocha e cuarzo na prehistoria recente do noroeste peninsular"},"content":{"rendered":"<h2>Tesis doctoral de <strong> Carlos Rodr\u00edguez Rell\u00e1n <\/strong><\/h2>\n<p>A tese de doutoramento unha perspectiva tecnol\u00f3xica e experimental das industrias sobre lousa, cristal de rocha e cuarzo na prehistoria recente do noroeste peninsular sup\u00f3n un achegamento \u00e1s industrias l\u00edticas talladas sobre materias primas de orixe local recuperadas durante as intervenci\u00f3ns realizadas en varios xacementos neol\u00edticos e calcol\u00edticos do cuadrante noroeste da pen\u00ednsula ib\u00e9rica: os xacementos dom\u00e9sticos \u00f3 aire libre de os remedios, lavap\u00e9s (cangas, pontevedra) o de o regueiri\u00f1o (moa\u00f1a, pontevedra), o abrigo con arte rupestre e con evidencias de ocupaci\u00f3ns dom\u00e9sticas e funerario-rituais do santuario (trabazos de aliste, zamora) as\u00ed como o t\u00famulo de chousa nova i e o espazo intertumular de campomarzo (silleda, pontevedra), xacementos que na s\u00faa case totalidade foron intervidos no marco da denominada arqueolox\u00eda de urxencia, vinculada \u00e1 realizaci\u00f3n de obras p\u00fablicas e construci\u00f3ns privadas.  a gran escaseza que, na \u00e1rea de estudio, se da de materias primas criptocristalinas do tipo do s\u00edlex, o xaspe ou a calcedonia ten implicado que a practica totalidade dos conxuntos l\u00edticos tallados recuperados nos xacementos estean fabricados sobre as materias primas m\u00e1is pr\u00f3ximas \u00f3s lugares de habitaci\u00f3n: fundamentalmente o cuarzo e, en menor medida, o cristal de rocha e a lousa. Este extraordinario dominio das materias primas locais durante a prehistoria recente non implicou, sen embargo, que este tivese sido o protagonista dunha an\u00e1lise en conxunto, centr\u00e1ndose os traballos no estudio de xacementos concretos. Estes estudios vi\u00f1eron a completar,  non obstante, un oco existente na investigaci\u00f3n arqueol\u00f3xica tanto a nivel auton\u00f3mico como, ate certo punto, nacional, derivado dun desinterese por parte dos especialistas cara aquelas industrias realizadas sobre materias primas pouco frecuentes. Esta tese de doutoramento pretendeu ser un paso m\u00e1is na normalizaci\u00f3n da situaci\u00f3n do co\u00f1ecemento acerca das industrias l\u00edticas en materias primas distintas do s\u00edlex.  a an\u00e1lise dos conxuntos recuperados nos devanditos xacementos serviu de base para a comparaci\u00f3n e contraste cos resultados dun amplo protocolo experimental sobre o cristal de rocha, o cuarzo e a lousa que tivo como obxectivo a definici\u00f3n das problem\u00e1ticas inherentes \u00e1 explotaci\u00f3n destas materias primas, as\u00ed como tam\u00e9n a identificaci\u00f3n dos trazos b\u00e1sicos propios de cada unha das soluci\u00f3ns t\u00e9cnicas aplicadas cuxa definici\u00f3n e posterior aplicaci\u00f3n os conxuntos arqueol\u00f3xicos poder\u00e1 permitirnos determinar a aplicaci\u00f3n destas t\u00e9cnicas por parte dos grupos humanos da prehistoria recente, o que nos ofrecer\u00e1 unha visi\u00f3n importante sobre o nivel de desenvolvemento t\u00e9cnico dos grupos humanos que habitaron o actual territorio galego e a parte noroccidental da meseta entre os inicios do v e o ii milenio a.C.  Estes protocolos experimentais se centraron na reproduci\u00f3n do proceso de produci\u00f3n l\u00edtica do cuarzo automorfo de h\u00e1bito prism\u00e1tico mediante unha serie de t\u00e9cnicas, que variaron dende a percusi\u00f3n directa ate a presi\u00f3n, pasando pola percusi\u00f3n bipolar sobre bigornia. Os resultados destas explotaci\u00f3ns foron analizados e tratados estatisticamente co fin de identificar aquelas variables m\u00e1is caracter\u00edsticas de cada unha das t\u00e9cnicas e que, polo tanto, poder\u00edan ser m\u00e1is \u00fatiles para a s\u00faa identificaci\u00f3n nos conxuntos arqueol\u00f3xicos. Estes experimentos sobre o cuarzo automorfo foron completados con protocolos nos que se analizou a incidencia do tratamento t\u00e9rmico sobre os soportes prism\u00e1ticos as\u00ed como a identificaci\u00f3n dos principais par\u00e1metros subxacentes baixo as fracturas non antropox\u00e9nicas orixinadas pola exposici\u00f3n das pezas a altas temperaturas ou a forzas mec\u00e1nicas de certa entidade, co que se pretendeu observar o impacto de distintos fen\u00f3menos posdeposicionais que puideron ter afectado \u00f3s conxuntos arqueol\u00f3xicos, feito especialmente importante en industrias provintes de xacementos como os galegos, con frecuencia intensamente alterados por fen\u00f3menos de erosi\u00f3n e removilizaci\u00f3n que te\u00f1en deixado \u00e1s industrias \u00e1 merc\u00e9 de lumes forestais ou labores agr\u00edcolas. xunto cos experimentos en cuarzo e cristal de rocha, se abordou a reproduci\u00f3n do proceso de fabricaci\u00f3n de proxect\u00eds en lousa con un alto grao de foliaci\u00f3n, co obxectivo de medir a dificultade da s\u00faa produci\u00f3n as\u00ed como as especificidades t\u00e9cnicas derivadas do traballo sobre unha materia prima cunhas peculiaridades tan marcadas como a lousa. As\u00ed mesmo, para comprobar a funcionalidade dos artefactos tanto experimentais como arqueol\u00f3xicos en comparaci\u00f3n cos realizados en outras materias primas, se procedeu \u00e1 realizaci\u00f3n dun exercicio de arqueir\u00eda contra un branco conformado por unha carcasa de suido eviscerada.  a realizaci\u00f3n destas an\u00e1lises e protocolos experimentais deu como resultado a determinaci\u00f3n dunha serie de conclusi\u00f3ns, en primeiro lugar as prospecci\u00f3ns realizadas no entorno dos xacementos estudiados as\u00ed como a reconstruci\u00f3n das te\u00f3ricas \u00e1reas de captaci\u00f3n dos recursos minerais, deron como resultado a definici\u00f3n dunhas estratexias de aprovisionamento dun marcado car\u00e1cter local, nas que o groso das fontes de aprovisionamento de natureza primaria tanto como secundaria, estar\u00edan localizadas naquel marco espacial m\u00e1is inmediato \u00f3 xacemento.  Sen embargo, a explotaci\u00f3n preferente de determinadas materias primas locais sobre outras non est\u00e1 totalmente determinada pola composici\u00f3n litol\u00f3xica do medio circundante; neste senso, unha explicaci\u00f3n da adopci\u00f3n das materias primas locais en base exclusivamente \u00e1 determinaci\u00f3n imposta polo medio resulta reducionista. A explotaci\u00f3n do cuarzo e a lousa tam\u00e9n \u00e9 resultado dunha adopci\u00f3n expl\u00edcita e consciente por parte dos grupos humanos prehist\u00f3ricos en funci\u00f3n da aplicaci\u00f3n de estratexias definidas derivadas de intereses e necesidades concretas, as\u00ed como da adaptaci\u00f3n a novas circunstancias socioecon\u00f3micas nas que o recurso a estas materias primas resposta m\u00e1is a unha racionalizaci\u00f3n de esforzos que a ausencia dunha materia prima de calidade. a an\u00e1lise dos contextos arqueol\u00f3xicos e a realizaci\u00f3n de experimentaci\u00f3ns en cuarzo, cristal de rocha e lousa te\u00f1en amosado que, en determinadas actividades, as materias primas locais se establecen como perfectos competidores do s\u00edlex e as outras materias primas criptocristalinas m\u00e1is tradicionais. Os f\u00edos naturais en cuarzo presentan unha resistencia equiparable e mesmo superior \u00e1 dos instrumentos en s\u00edlex, como tam\u00e9n sucede nas zonas activas abruptas, como as frontes de raspadeira. Pola s\u00faa banda, os protocolos experimentais te\u00f1en amosado con claridade que os proxect\u00eds de lousa ser\u00edan perfectamente competitivos tanto en resistencia como en capacidade de penetraci\u00f3n con aqueles fabricados en s\u00edlex, se ben ademais a s\u00faa fabricaci\u00f3n resulta considerablemente m\u00e1is sinxela e r\u00e1pida.   Esta ser\u00eda a base por causa da cal se ter\u00edan adoptado determinadas materias primas e por que a ausencia de s\u00edlex no territorio galego non se constitu\u00edu como unha limitaci\u00f3n para o desenrolo socioecon\u00f3mico das comunidades humanas da prehistoria recente.  o mesmo pode afirmarse de determinadas soluci\u00f3ns t\u00e9cnicas, caso da percusi\u00f3n bipolar sobre bigornia, a cal non sup\u00f3n simplemente a adopci\u00f3n dunha t\u00e9cnica como \u00faltimo recurso para a explotaci\u00f3n dunha materia prima, o cuarzo, de dif\u00edcil explotaci\u00f3n mediante estratexias a man alzada. No marco dos conxuntos l\u00edticos do noroeste a talla bipolar adquire unha entidade propia como estratexia produtiva destinada probablemente \u00e1 reduci\u00f3n dos custos de produci\u00f3n e do gasto de enerx\u00eda no marco dun contexto concreto de estres ante o paso cara unhas sociedades dun sedentarismo crecente.  por \u00faltimo, a an\u00e1lise de varios xacementos da prehistoria recente do cuadrante noroeste da pen\u00ednsula ib\u00e9rica, e a s\u00faa comparaci\u00f3n cos estudios previamente realizados por outros autores acerca de contextos do paleol\u00edtico medio e superior desta mesma \u00e1rea, ten permitido evidenciar os trazos b\u00e1sicos da evoluci\u00f3n das industrias l\u00edticas en materias primas locais distintas do s\u00edlex. As\u00ed, a partir do paleol\u00edtico superior e epipaleol\u00edtico se produce importantes cambios t\u00e9cnicos que desembocar\u00e1n nunha industria pouco desenvolvida tecnicamente e cunha estratexias simples en comparaci\u00f3n cos momentos anteriores, desaparecendo na praxe o recurso a t\u00e9cnicas de certa complexidade como a percusi\u00f3n indirecta, mentres que non chegar\u00edan a desenvolverse outras como a presi\u00f3n; este feito se evidenciar\u00e1 nunha reduci\u00f3n en ocasi\u00f3ns dr\u00e1stica das estratexias microlaminares e a s\u00faa substituci\u00f3n por conxuntos de base lascar cun baixo grao de especializaci\u00f3n e un escaso \u00edndice de configuraci\u00f3n.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<h3>Datos acad\u00e9micos de la tesis doctoral \u00ab<strong>Unha perspectiva tecnol\u00f3xica e experimental das industrias sobre lousa, cristal de rocha e cuarzo na prehistoria recente do noroeste peninsular<\/strong>\u00ab<\/h3>\n<ul>\n<li><strong>T\u00edtulo de la tesis:<\/strong>\u00a0 Unha perspectiva tecnol\u00f3xica e experimental das industrias sobre lousa, cristal de rocha e cuarzo na prehistoria recente do noroeste peninsular <\/li>\n<li><strong>Autor:<\/strong>\u00a0 Carlos Rodr\u00edguez Rell\u00e1n <\/li>\n<li><strong>Universidad:<\/strong>\u00a0 Santiago de compostela<\/li>\n<li><strong>Fecha de lectura de la tesis:<\/strong>\u00a0 10\/05\/2010<\/li>\n<\/ul>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<h3>Direcci\u00f3n y tribunal<\/h3>\n<ul>\n<li><strong>Director de la tesis<\/strong>\n<ul>\n<li>Ram\u00f3n F\u00e1bregas Valcarce<\/li>\n<\/ul>\n<\/li>\n<li><strong>Tribunal<\/strong>\n<ul>\n<li>Presidente del tribunal: german Delibes de castro <\/li>\n<li>s\u00e9rgio emanuel Monteiro rodrigues (vocal)<\/li>\n<li>Antonio  Manuel faustino De carvalho (vocal)<\/li>\n<li>leonardo Garc\u00eda sanJuan (vocal)<\/li>\n<\/ul>\n<\/li>\n<\/ul>\n<p>&nbsp;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Tesis doctoral de Carlos Rodr\u00edguez Rell\u00e1n A tese de doutoramento unha perspectiva tecnol\u00f3xica e experimental das industrias sobre lousa, cristal [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"site-sidebar-layout":"default","site-content-layout":"","ast-site-content-layout":"","site-content-style":"default","site-sidebar-style":"default","ast-global-header-display":"","ast-banner-title-visibility":"","ast-main-header-display":"","ast-hfb-above-header-display":"","ast-hfb-below-header-display":"","ast-hfb-mobile-header-display":"","site-post-title":"","ast-breadcrumbs-content":"","ast-featured-img":"","footer-sml-layout":"","theme-transparent-header-meta":"","adv-header-id-meta":"","stick-header-meta":"","header-above-stick-meta":"","header-main-stick-meta":"","header-below-stick-meta":"","astra-migrate-meta-layouts":"default","ast-page-background-enabled":"default","ast-page-background-meta":{"desktop":{"background-color":"var(--ast-global-color-4)","background-image":"","background-repeat":"repeat","background-position":"center center","background-size":"auto","background-attachment":"scroll","background-type":"","background-media":"","overlay-type":"","overlay-color":"","overlay-gradient":""},"tablet":{"background-color":"","background-image":"","background-repeat":"repeat","background-position":"center center","background-size":"auto","background-attachment":"scroll","background-type":"","background-media":"","overlay-type":"","overlay-color":"","overlay-gradient":""},"mobile":{"background-color":"","background-image":"","background-repeat":"repeat","background-position":"center center","background-size":"auto","background-attachment":"scroll","background-type":"","background-media":"","overlay-type":"","overlay-color":"","overlay-gradient":""}},"ast-content-background-meta":{"desktop":{"background-color":"var(--ast-global-color-5)","background-image":"","background-repeat":"repeat","background-position":"center center","background-size":"auto","background-attachment":"scroll","background-type":"","background-media":"","overlay-type":"","overlay-color":"","overlay-gradient":""},"tablet":{"background-color":"var(--ast-global-color-5)","background-image":"","background-repeat":"repeat","background-position":"center center","background-size":"auto","background-attachment":"scroll","background-type":"","background-media":"","overlay-type":"","overlay-color":"","overlay-gradient":""},"mobile":{"background-color":"var(--ast-global-color-5)","background-image":"","background-repeat":"repeat","background-position":"center center","background-size":"auto","background-attachment":"scroll","background-type":"","background-media":"","overlay-type":"","overlay-color":"","overlay-gradient":""}},"footnotes":""},"categories":[2635,977],"tags":[205127,205125,2640,138138,165856,205126],"class_list":["post-100792","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-prehistoria","category-santiago-de-compostela","tag-antonio-manuel-faustino-de-carvalho","tag-carlos-rodriguez-rellan","tag-german-delibes-de-castro","tag-leonardo-garcia-sanjuan","tag-ramon-fabregas-valcarce","tag-sergio-emanuel-monteiro-rodrigues"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.deberes.net\/tesis\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/100792","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.deberes.net\/tesis\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.deberes.net\/tesis\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.deberes.net\/tesis\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.deberes.net\/tesis\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=100792"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.deberes.net\/tesis\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/100792\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.deberes.net\/tesis\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=100792"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.deberes.net\/tesis\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=100792"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.deberes.net\/tesis\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=100792"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}