{"id":102293,"date":"2010-01-07T00:00:00","date_gmt":"2010-01-07T00:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/www.deberes.net\/tesis\/sin-categoria\/o-uso-publico-nos-espazos-naturais-protexidos-de-galicia-diagnose-e-propostas-de-accion\/"},"modified":"2010-01-07T00:00:00","modified_gmt":"2010-01-07T00:00:00","slug":"o-uso-publico-nos-espazos-naturais-protexidos-de-galicia-diagnose-e-propostas-de-accion","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.deberes.net\/tesis\/santiago-de-compostela\/o-uso-publico-nos-espazos-naturais-protexidos-de-galicia-diagnose-e-propostas-de-accion\/","title":{"rendered":"O uso p\u00fablico nos espazos naturais protexidos de galicia: diagnose e propostas de acci\u00f3n"},"content":{"rendered":"<h2>Tesis doctoral de <strong> Manuel Cabalar Fuentes <\/strong><\/h2>\n<p>O ser humano, como todas e cada unha das especies que habitan o planeta terra, depende para a s\u00faa supervivencia do que lle ofrece a s\u00faa entorna. A alimentaci\u00f3n e a respiraci\u00f3n, como funci\u00f3ns vitais b\u00e1sicas com\u00fans con t\u00f3dolos demais seres vivos, te\u00f1en que obterse do solo que pisa e do aire que o envolve. E por ser funci\u00f3ns b\u00e1sicas, estes elementos te\u00f1en que atoparse nunha cantidade abondo como para cubrir as necesidades vitais. Pero non s\u00f3 a cantidade debe ser adecuada, tam\u00e9n o ten que ser necesariamente a calidade do elemento, \u00e9 dicir, que as s\u00faas cualidades sexan as mellores posibles. Por iso o ser humano procurou desde sempre dun xeito inconsciente manter un certo equilibrio coa entorna natural e \u00f3 mesmo tempo sentiu atracci\u00f3n polas manifestaci\u00f3ns da natureza, particularmente polas mais grandiosas (altas monta\u00f1as, r\u00edos caudalosos, bosques frondosos, mares embravecidos) ante as que se queda marabillado e sorprendido pola s\u00faa forza, tama\u00f1o e beleza. por outra banda, a civilizaci\u00f3n humana asistiu nos \u00faltimos s\u00e9culos a un incremento continuo dos seus efectivos, e como consecuencia disto a unha expansi\u00f3n do territorio ocupado e unha explotaci\u00f3n cada vez maior dos recursos que o planeta terra pon \u00e1 s\u00faa disposici\u00f3n. Pero os recursos, lonxe de ser infinitos, am\u00f3sanse como fr\u00e1xiles e terriblemente limitados; o equilibrio dos elementos que conforman o funcionamento do planeta est\u00e1n ligados por uns f\u00edos demasiado inestables. A imparable carreira do ser humano en pos dos recursos ameaza con po\u00f1er fin \u00f3 propio home, presa da s\u00faa avaricia e da s\u00faa insaciable ansia de acadar un nivel de vida que nalg\u00fans casos est\u00e1 cuberto moi por riba das s\u00faas verdadeiras necesidades. Deste xeito, a civilizaci\u00f3n humana nestes intres da s\u00faa historia at\u00f3pase nunha encrucillada, nun instante decisivo, un punto de inflexi\u00f3n no seu evolu\u00edr. Nin m\u00e1is nin menos que decidir qu\u00e9 cami\u00f1o hai que tomar para poder sobrevivir sen destru\u00edr as bases mesmas da supervivencia. \u00e9 dicir, replantexarse en serio a relaci\u00f3n co planeta no que vivimos. a existencia de espazos naturais protexidos (no sucesivo, enp) inscr\u00edbense neste contexto. A sociedade \u00e9 consciente da importancia da conservaci\u00f3n, e a tal fin destinou certos lugares de sobresaliente importancia natural para salvagardalos da explotaci\u00f3n incontrolada. As mais diversas concepci\u00f3ns e ideas impulsaron este proceso \u00f3 longo das d\u00e9cadas pero hai unha que sempre act\u00faa: a natureza atrae instintivamente \u00f3 ser humano, que se sinte a gusto estando nela ou simplemente contempl\u00e1ndoa pasivamente. Efectivamente, as paraxes naturais mellor conservadas son consideradas esteticamente belas pola pr\u00e1ctica totalidade das persoas, que se ven impulsadas a visitalas e admiralas ata un punto tal que a d\u00eda de hoxe atinxe varios mill\u00f3ns de visitantes anuais en todo o mundo. Vela\u00ed o \u00e9xito dos enp na sociedade, estendidos a t\u00f3dolos recunchos do planeta ata ser varios milleiros os espazos declarados na pr\u00e1ctica totalidade dos pa\u00edses. Estes territorios son expresi\u00f3n da forza e beleza natural que esperta os sentidos, e constit\u00faen un exemplo de manexo do territorio acorde coas s\u00faas capacidades. por outra banda, os enp non son unha burbulla illada, nin se poden xestionar baixo este concepto. Moi \u00f3 contrario, son territorios nos que act\u00faan multitude de factores desde dentro e desde fora que van moldeando a s\u00faa fisonom\u00eda e as s\u00faas din\u00e1micas. Neste contexto, a xeograf\u00eda como ciencia do territorio ten moito que dicir. A planificaci\u00f3n e xesti\u00f3n territorial son hoxe mais que nunca imprescindibles para garantir a nosa vida e para garantir un futuro \u00e1s xeraci\u00f3ns vindeiras. Os enp deben ser un exemplo de territorio integralmente xestionado baixo preceptos de manexo responsable. Unha das facetas de xesti\u00f3n que mais importancia est\u00e1 a cobrar pola s\u00faa importancia social e polos seus efectos sobre os territorios obxecto de protecci\u00f3n \u00e9 o chamado uso p\u00fablico, \u00e9 dicir, todo o relacionado coa xesti\u00f3n dos visitantes que acoden a desfrutar e co\u00f1ecer estes lugares, e a dispensa de equipamentos e servizos para atender as s\u00faas necesidades. Non \u00e9 tarefa doada xestionar un enp e moito menos a\u00ednda equilibrar a prioritaria conservaci\u00f3n co desfrute ordenado de gran cantidade de visitantes \u00f3s que non s\u00f3 se debe dispensar equipamentos sen\u00f3n tam\u00e9n informar e formar sobre a importancia da conservaci\u00f3n por medio da educaci\u00f3n e a interpretaci\u00f3n ambientais. neste contexto, o obxectivo principal da tese \u00e9 co\u00f1ecer o estado do uso p\u00fablico nos enp galegos empregando ferramentas de investigaci\u00f3n que testar\u00e1n as caracter\u00edsticas da oferta e da demanda, e cos resultados obtidos elaborar un diagn\u00f3stico e unhas propostas de acci\u00f3n nesta materia. Os enp analizados non ser\u00e1n a totalidade dos que conforman a rede galega de enp sen\u00f3n os que te\u00f1en categor\u00eda de parque (nacional e natural), por ser os \u00fanicos que dispo\u00f1en de planificaci\u00f3n, dun m\u00ednimo de equipamentos e dispensa de servizos para o visitante. a tese de doutoramento est\u00e1 composta por un total de nove cap\u00edtulos, inclu\u00eddo o presente (capitulo i). Os cap\u00edtulos ii e iii conforman a base te\u00f3rica da investigaci\u00f3n e abordan a evoluci\u00f3n hist\u00f3rica da creaci\u00f3n de enp e as ideas e concepci\u00f3ns que os impulsaron (cap\u00edtulo ii), e a fixaci\u00f3n do concepto de uso p\u00fablico e todos aqueles aspectos da planificaci\u00f3n e xesti\u00f3n dos enp que entran no seu radio de acci\u00f3n (cap\u00edtulo iii). Esta parte \u00e9 completada no cap\u00edtulo iv que aborda o contexto espacial da tese: s\u00edntese das caracter\u00edsticas naturais e socioecon\u00f3micas da galicia actual, e repaso \u00e1 historia dos enp en galicia coas caracter\u00edsticas mais relevantes da actual rede. o cap\u00edtulo v pon inicio \u00e1 parte emp\u00edrica da tese cunha presentaci\u00f3n dos enp estudados e unha xustificaci\u00f3n da s\u00faa escolla, seguido dunha detallada explicaci\u00f3n das bases te\u00f3ricas, dos antecedentes pr\u00e1cticos e do proceso final de posta en marcha das ferramentas de investigaci\u00f3n da oferta e a demanda de uso p\u00fablico, (indicadores, entrevistas a xestores, enquisas a visitantes). os cap\u00edtulos vi e vii conforman o n\u00facleo emp\u00edrico da investigaci\u00f3n. O primeiro deles estuda a oferta de uso p\u00fablico empregando indicadores previamente seleccionados, e o seguinte estuda a demanda en base \u00f3s datos recollidos polos propios enp e os resultados de enquisas persoais a visitantes de tres parques seleccionados. Nos dous casos, o estudo foi completado polas opini\u00f3ns manifestadas polos xestores (director e t\u00e9cnico de uso p\u00fablico) en entrevistas persoais concertadas de antem\u00e1n. o cap\u00edtulo viii enc\u00e1rgase de facer unha diagnose do estado do uso p\u00fablico nos enp galegos con categor\u00eda de parque, e  partir disto elaborar unhas propostas de acci\u00f3n nos vindeiros anos coa idea de corrixir defectos e perseverar nos aspectos que cami\u00f1an pola boa direcci\u00f3n.  por fin, o cap\u00edtulo ix serve como colof\u00f3n do anterior xa que despois de descubrir as virtudes e defectos de cada parque por separado e propo\u00f1er o cami\u00f1o a seguir para cada caso concreto, este cap\u00edtulo incl\u00fae unha diagnose e unhas propostas de acci\u00f3n pero neste caso referidas \u00f3 conxunto dos parques. \u00f3 mesmo tempo, este cap\u00edtulo sirve como conclusi\u00f3n do traballo de investigaci\u00f3n.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<h3>Datos acad\u00e9micos de la tesis doctoral \u00ab<strong>O uso p\u00fablico nos espazos naturais protexidos de galicia: diagnose e propostas de acci\u00f3n<\/strong>\u00ab<\/h3>\n<ul>\n<li><strong>T\u00edtulo de la tesis:<\/strong>\u00a0 O uso p\u00fablico nos espazos naturais protexidos de galicia: diagnose e propostas de acci\u00f3n <\/li>\n<li><strong>Autor:<\/strong>\u00a0 Manuel Cabalar Fuentes <\/li>\n<li><strong>Universidad:<\/strong>\u00a0 Santiago de compostela<\/li>\n<li><strong>Fecha de lectura de la tesis:<\/strong>\u00a0 01\/07\/2010<\/li>\n<\/ul>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<h3>Direcci\u00f3n y tribunal<\/h3>\n<ul>\n<li><strong>Director de la tesis<\/strong>\n<ul>\n<li>Alberto Mart\u00ed  Ezpeleta<\/li>\n<\/ul>\n<\/li>\n<li><strong>Tribunal<\/strong>\n<ul>\n<li>Presidente del tribunal: guillermo Morales matos <\/li>\n<li>Javier G\u00f3mez-lim\u00f3n Garc\u00eda (vocal)<\/li>\n<li>paloma Ibarra benlloch (vocal)<\/li>\n<li>alfonso Mulero mendigorri (vocal)<\/li>\n<\/ul>\n<\/li>\n<\/ul>\n<p>&nbsp;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Tesis doctoral de Manuel Cabalar Fuentes O ser humano, como todas e cada unha das especies que habitan o planeta [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"site-sidebar-layout":"default","site-content-layout":"","ast-site-content-layout":"","site-content-style":"default","site-sidebar-style":"default","ast-global-header-display":"","ast-banner-title-visibility":"","ast-main-header-display":"","ast-hfb-above-header-display":"","ast-hfb-below-header-display":"","ast-hfb-mobile-header-display":"","site-post-title":"","ast-breadcrumbs-content":"","ast-featured-img":"","footer-sml-layout":"","theme-transparent-header-meta":"","adv-header-id-meta":"","stick-header-meta":"","header-above-stick-meta":"","header-main-stick-meta":"","header-below-stick-meta":"","astra-migrate-meta-layouts":"default","ast-page-background-enabled":"default","ast-page-background-meta":{"desktop":{"background-color":"var(--ast-global-color-4)","background-image":"","background-repeat":"repeat","background-position":"center center","background-size":"auto","background-attachment":"scroll","background-type":"","background-media":"","overlay-type":"","overlay-color":"","overlay-gradient":""},"tablet":{"background-color":"","background-image":"","background-repeat":"repeat","background-position":"center center","background-size":"auto","background-attachment":"scroll","background-type":"","background-media":"","overlay-type":"","overlay-color":"","overlay-gradient":""},"mobile":{"background-color":"","background-image":"","background-repeat":"repeat","background-position":"center center","background-size":"auto","background-attachment":"scroll","background-type":"","background-media":"","overlay-type":"","overlay-color":"","overlay-gradient":""}},"ast-content-background-meta":{"desktop":{"background-color":"var(--ast-global-color-5)","background-image":"","background-repeat":"repeat","background-position":"center center","background-size":"auto","background-attachment":"scroll","background-type":"","background-media":"","overlay-type":"","overlay-color":"","overlay-gradient":""},"tablet":{"background-color":"var(--ast-global-color-5)","background-image":"","background-repeat":"repeat","background-position":"center center","background-size":"auto","background-attachment":"scroll","background-type":"","background-media":"","overlay-type":"","overlay-color":"","overlay-gradient":""},"mobile":{"background-color":"var(--ast-global-color-5)","background-image":"","background-repeat":"repeat","background-position":"center center","background-size":"auto","background-attachment":"scroll","background-type":"","background-media":"","overlay-type":"","overlay-color":"","overlay-gradient":""}},"footnotes":""},"categories":[1399,17708,5741,977],"tags":[76220,118457,16697,144975,207570,41289],"class_list":["post-102293","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-geografia","category-geografia-de-los-recursos-naturales","category-geografia-fisica","category-santiago-de-compostela","tag-alberto-marti-ezpeleta","tag-alfonso-mulero-mendigorri","tag-guillermo-morales-matos","tag-javier-gomez-limon-garcia","tag-manuel-cabalar-fuentes","tag-paloma-ibarra-benlloch"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.deberes.net\/tesis\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/102293","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.deberes.net\/tesis\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.deberes.net\/tesis\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.deberes.net\/tesis\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.deberes.net\/tesis\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=102293"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.deberes.net\/tesis\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/102293\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.deberes.net\/tesis\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=102293"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.deberes.net\/tesis\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=102293"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.deberes.net\/tesis\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=102293"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}