{"id":107323,"date":"2011-11-03T00:00:00","date_gmt":"2011-11-03T00:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/www.deberes.net\/tesis\/sin-categoria\/construcion-e-destrucion-da-cidadania-societaria-dinamica-social-e-pola%c2%adtica-da-provincia-de-lugo-na-ii-republica-e-nos-primeiros-anos-do-franquismo-1930-1950\/"},"modified":"2011-11-03T00:00:00","modified_gmt":"2011-11-03T00:00:00","slug":"construcion-e-destrucion-da-cidadania-societaria-dinamica-social-e-pola%c2%adtica-da-provincia-de-lugo-na-ii-republica-e-nos-primeiros-anos-do-franquismo-1930-1950","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.deberes.net\/tesis\/santiago-de-compostela\/construcion-e-destrucion-da-cidadania-societaria-dinamica-social-e-pola%c2%adtica-da-provincia-de-lugo-na-ii-republica-e-nos-primeiros-anos-do-franquismo-1930-1950\/","title":{"rendered":"Construci\u00f3n e destruci\u00f3n da cidadania societaria: din\u00e1mica social e pol\u00edtica da provincia de lugo na ii rep\u00fablica e nos primeiros anos do franquismo (1930-1950)"},"content":{"rendered":"<h2>Tesis doctoral de <strong> Antonio Somoza  Cayado <\/strong><\/h2>\n<p>O presente traballo estuda para o caso da provincia de lugo a etapa da segunda rep\u00fablica enmarcada no desenvolvemento da democracia liberal en espa\u00f1a ao longo do primeiro terzo do s\u00e9culo xx; a creba dese contexto polo golpe de estado e posterior guerra civil e imprantaci\u00f3n dun r\u00e9xime autoritario cunha orientaci\u00f3n totalitaria. O per\u00edodo 1930-1950 \u00e9 unha fase de cambio brusco entre dous sistemas pol\u00edticos radicalmente distintos, que se procura observar dende a \u00f3ptica da construci\u00f3n social din\u00e1mica da cidadan\u00eda; enmarcada nas an\u00e1lises das vagas democratizadoras na historia universal contempor\u00e1nea, obxecto e perspectiva de estudo que ten un apoxeo nas \u00faltimas d\u00e9cadas na investigaci\u00f3n aplicada nas ciencias sociais. tr\u00e1tase de analizar o contexto expansivo da democracia no sistema da restauraci\u00f3n, coa conformaci\u00f3n dun marco de reco\u00f1ecemento de dereitos e liberdades que establece as condici\u00f3ns para a expansi\u00f3n da sociedade civil. Neste per\u00edodo, o artellamento de entidades e movementos sociais de variada \u00edndole que est\u00e1n a incorporar ao exercizo da cidadan\u00eda plena a novos grupos sociais, que van ser part\u00edcipes dun escenario colectivo no que o societarismo exerce unha funci\u00f3n de aprendizaxe pol\u00edtica para a reivindicaci\u00f3n e a pr\u00e1ctica de dereitos e deberes. Isto permite o xurdimento de novas elites que asentan a s\u00faa rede de influencias nesta experiencia e nos principios formulados na mesma: estase a conformar unha cidadan\u00eda societaria, que ten coma base a intervenci\u00f3n na sociedade civil. Nesta sociedade din\u00e1mica emerxe unha nova clase media que ten as s\u00faas orixes xustamente nesa forma de actuar.  a participaci\u00f3n no asociacionismo voluntario de todo tipo que se vai creando entre a aprobaci\u00f3n da lei de asociaci\u00f3ns (1887) e o golpe militar contra o sistema democr\u00e1tico republicano (1936) d\u00e1 lugar a unha aprendizaxe pol\u00edtica da reivindicaci\u00f3n e exercizo de dereitos e deberes, tanto no aspecto formal coma no material; logrando ver como se forma consciencia cidad\u00e1 sobre a base do activismo societario.  abr\u00e1nguese o fen\u00f3meno asociativo dende unha perspectiva global, caracterizando as tipolox\u00edas de asociaci\u00f3ns e pretendendo rastrexar a actuaci\u00f3n destes grupos a nivel xeral en distintos eidos de intervenci\u00f3n na esfera p\u00fablica: a conformaci\u00f3n de colectivos, nivel de imprantaci\u00f3n e influencia en distintas zonas da provincia, formas de organizaci\u00f3n, relaci\u00f3n con outros grupos e incidencia electoral, pol\u00edtica e institucional, presentaci\u00f3n de conflitos e acci\u00f3ns reivindicativas. para a abordaxe deste estudo faise necesaria, primeiramente, unha aproximaci\u00f3n ao termo cidadan\u00eda e \u00e1s s\u00faas concepci\u00f3ns te\u00f3ricas para determinar o grao de aplicabilidade do mesmo e definir o enfoque m\u00e1is atinado dos resultados da investigaci\u00f3n.    o presente estudo ap\u00f3iase no eido conceptual na sociolox\u00eda relacional, fixando, pois o centro de atenci\u00f3n nas relaci\u00f3ns entre indiv\u00edduos e grupos coma mecanismo de conformaci\u00f3n e consolidaci\u00f3n de novas elites. Eis a explicaci\u00f3n da aplicabilidade do concepto de cidadan\u00eda societaria, definido por p. Donati a partir da teor\u00eda das elites de v. Pareto, recollendo aportaci\u00f3ns previas de g. Mosca e r. Michels nos seus estudos sobre a chamada clase pol\u00edtica e a sociolox\u00eda dos partidos pol\u00edticos e sindicatos. na formulaci\u00f3n da teor\u00eda relacional da sociedade as elites constit\u00faen un fen\u00f3meno social pluridimensional, que emanan de diferentes mecanismos de selecci\u00f3n ou diferenciaci\u00f3n, resultando a relaci\u00f3n social en si mesma unha forma de selecci\u00f3n: esta subst\u00e1nciase non s\u00f3 en termos de exclusi\u00f3n, sen\u00f3n tam\u00e9n de xeito inclusivo: a capacidade de reco\u00f1ecer e integrar a sectores cunha posici\u00f3n inferior ou que se conforman sobre bases diferentes. Os sistemas democr\u00e1ticos favorecen a creaci\u00f3n e expansi\u00f3n de novas elites, na medida en que a democracia coma forma de goberno e coma concepci\u00f3n cultural reguladora da sociedade est\u00e1 fortemente ligada ao seu xurdimento.   a insurrecci\u00f3n militar de 1936 sup\u00f3n unha reacci\u00f3n contra as bases da democracia liberal e contra a expansi\u00f3n de dereitos dada no primeiro terzo do s\u00e9culo xx. Esta viraxe reaccionaria fica enmarcada claramente na vaga de resposta autoritaria dada na europa do momento \u00e1 crise do sistema capitalista e da modernidade na s\u00faa versi\u00f3n racionalista e democr\u00e1tica: a formulaci\u00f3n dun nacionalismo-estatismo que reforza a autoridade do estado sobre o corpo cidad\u00e1n, limitando os seus dereitos. Este enfoque sit\u00faa o per\u00edodo estudado no tempo dos fascismos. a pol\u00edtica de limpeza aplicada polos r\u00e9ximes que se encadran na vaga reaccionaria do per\u00edodo de entreguerras atopa semellanzas coa posta en pr\u00e1ctica polo movimiento para o caso espa\u00f1ol, en canto que reacci\u00f3n antimarxista e antiliberal que despreza as canles de participaci\u00f3n e os fundamentos de lexitimidade liberal-democr\u00e1tica; as\u00ed coma pola decisi\u00f3n de exclu\u00edr mediante unha pol\u00edtica de man dura, aniquilaci\u00f3n de estruturas e purga aos l\u00edderes do societarismo democr\u00e1tico. Nos principais r\u00e9ximes en que se protagoniza esa viraxe autoritaria ten lugar a persecuci\u00f3n e eliminaci\u00f3n da esfera p\u00fablica da oposici\u00f3n, a desmobilizaci\u00f3n e control con ansias totalizantes sobre a sociedade, manifest\u00e1ndose en procedementos semellantes e fac\u00e9ndose, polo tanto, extens\u00edbeis mesmo a todo tipo de entidades do asociativismo voluntario e de aparente inocuidade ideol\u00f3xica.  non embargantes, si existen diferenzas salient\u00e1beis no diferente papel que xogan para o caso espa\u00f1ol tanto os sectores organizados en clave autoritaria ou explicitamente fascista (que ax\u00edan contra conservadores e liberais) coma o ex\u00e9rcito, cun rol preeminente deste \u00faltimo que non se produce noutros eidos.  a destruci\u00f3n da sociedade civil pluralista vai acompa\u00f1ada da conformaci\u00f3n do denominado nuevo estado e a s\u00faa incidencia sobre o corpo social. Tr\u00e1tase de ver non s\u00f3 en que medida xorden novas elites ou se perpet\u00faan as pre-existentes e con que medios o fan e, ao tempo, que modelo de societarismo se impranta, cales son os seus obxectivos e o seu artellamento. pret\u00e9ndese demostrar que a pol\u00edtica de persecuci\u00f3n do societarismo que se emprende despois do 18 de xullo de 1936 en galiza sup\u00f3n a creba dese modelo de emerxencia de novas elites e o impedimento da s\u00faa reproduci\u00f3n para, por medio da violencia e os mecanismos de persecuci\u00f3n desatados contra eses sectores, sentar as bases dun novo modelo de estado que conforma unhas estruturas de encadramento e control que funcionan coma trampol\u00edn doutros grupos de poder dos cabe explicar se supo\u00f1en algunha novidade ou, en cambio, se deben ao retorno das vellas elites tradicionais. Tam\u00e9n se tenta ollar cal \u00e9 o valor que se confire \u00e1 participaci\u00f3n no asociacionismo e a orientaci\u00f3n que este ten, na medida en que este novo contexto supor\u00e1 unha perda do pluralismo intr\u00ednseco \u00e1 democracia liberal. o estudo da cidadan\u00eda require, por tanto, un contexto superior ao local no cal se poida identificar dalg\u00fan xeito a relaci\u00f3n b\u00e1sica do indiv\u00edduo co estado. Este contexto material\u00edzase tanto no exercizo coma na reivindicaci\u00f3n de dereitos. delimitan temporalmente a investigaci\u00f3n presentada os anos 1930 e 1950, encadrando o per\u00edodo hist\u00f3rico correspondente \u00e1 ca\u00edda da monarqu\u00eda e a experiencia da segunda rep\u00fablica, o golpe de estado de 1936 e posterior guerra civil e os primeiros anos do franquismo. Mais a proxecci\u00f3n do estudo vai m\u00e1is al\u00f3 deses lindes cronol\u00f3xicos, que ben pod\u00edan ficar rese\u00f1ados nun intervalo temporal m\u00e1is restritivo englobando o mesmo contexto hist\u00f3rico, al\u00e9n da pretensi\u00f3n de formular unha visi\u00f3n comparativa de dous modelos de sociedade opostos a trav\u00e9s de d\u00faas datas nas que se comezan a concretar polo cambio das condici\u00f3ns obxectivas para que sexa as\u00ed. a nova arquitectura estatal que se crea trala guerra civil sobre unhas bases ideol\u00f3xicas totalmente diferentes vai configurando un modelo ditatorial de partido \u00fanico, organicista e corporativista, baixo a direcci\u00f3n persoal do caudillo francisco franco. No caso galego, esa fase de xestaci\u00f3n do novo sistema prod\u00facese dende o mesmo ano 1936, dado que foi unha das zonas que quedaron baixo o novo poder instaurado polos golpistas xa dende finais de xullo dese mesmo ano.  as investigaci\u00f3ns realizadas at\u00e9 o de agora adoptaron coma terminolox\u00eda comunmente aceptada para a dataci\u00f3n dos primeiros anos do franquismo o concepto de primeiro franquismo para se referir ao per\u00edodo marcado polo contexto de miseria postb\u00e9lica, racionamento de bens de primeira necesidade, pol\u00edtica estatal de autarqu\u00eda econ\u00f3mica e construci\u00f3n dun estado \u00e1 imaxe dos totalitarismos europeos cos que se establecen relaci\u00f3ns diplom\u00e1ticas estreitas, se ben se mant\u00e9n a non belixerancia na segunda guerra mundial.  este concepto fica desbotado na presente investigaci\u00f3n por ser xustamente nestes anos nos que se est\u00e1n a cimentar as bases da consolidaci\u00f3n do propio r\u00e9xime franquista, de tal xeito que o e que v\u00e9n despois non \u00e9 outra fase diferente, sen\u00f3n unha necesaria consecuencia daquelas, existindo un continuum na conformaci\u00f3n do r\u00e9xime ao longo dos seus corenta anos de existencia. anal\u00edzanse as relaci\u00f3ns indiv\u00edduo-estado na lexislaci\u00f3n dos primeiros anos do franquismo, acheg\u00e1ndose a elementos definitorios da pr\u00e1ctica desas relaci\u00f3ns que evidencian a ruptura co modelo cidad\u00e1n anterior: as primeiras experiencias de participaci\u00f3n pol\u00edtica e sindical intervidas polo estado a trav\u00e9s dos gobernadores civ\u00eds, do partido \u00fanico e dos sindicatos verticais que executan ese modelo de democracia org\u00e1nica configurado polo novo poder. Por outra banda, no relativo \u00e1 estrutura de oportunidades, as opci\u00f3ns de participaci\u00f3n xurdidas a partir desas bases xa non se encadra no concepto de cidadan\u00eda societaria, pois non \u00e9 admitido nin na teor\u00eda nin na pr\u00e1ctica o asociacionismo voluntario e libre, establecendo mecanismos para o control das entidades que se poidan crear \u00e1 marxe do entramado do partido \u00fanico e colectividades subsidiarias do poder e asentando esa pol\u00edtica na persecuci\u00f3n das capas m\u00e1is din\u00e1micas da sociedade civil pluralista, democr\u00e1tica e expansiva que se plasmara no per\u00edodo republicano. as fontes que se empregaron para o presente estudo agr\u00fapanse en tres tipos: \u00c2\u00bf\tfontes documentais: baleirado do fondo de elecci\u00f3ns arquivo da deputaci\u00f3n provincial de lugo (adpl), dos fondos do goberno civil, secci\u00f3n de asociaci\u00f3ns e sociedades cat\u00f3licas, fondo aiss, fondo secci\u00f3n femenina, fondo frente de juventudes,  fondo da delegaci\u00f3n provincial do ministerio de facenda do arquivo hist\u00f3rico provincial de lugo (ahpl); m\u00e1is as causas militares conservadas no arquivo territorial militar iv (aivrm) e os libros de rexistro de defunci\u00f3ns dos xulgados municipais e de instruci\u00f3n da provincia, estas \u00faltimas recollidas de xeito indirecto a trav\u00e9s dos datos proporcionados na base de datos en internet do proxecto de investigaci\u00f3n interuniversitario nomes e voces. \u00c2\u00bf\tfontes hemerogr\u00e1ficas: principalmente as conservadas na hemeroteca da biblioteca provincial de lugo (hpl) e na hemeroteca da biblioteca xeral da universidade de santiago de compostela (hbxusc). \u00c2\u00bf\tfonte oral: con car\u00e1cter secundario, consult\u00e1ronse entrevistas conservadas no fondo oral do proxecto interuniversitario nomes e voces. o esquema de temas desenvolvidos \u00e9 o seguinte: i.\tIntroduci\u00f3n ii.\tCidadan\u00eda: an\u00e1lise conceptual e descrici\u00f3n do obxecto de estudo 1.\tCidadan\u00eda: definici\u00f3n hist\u00f3rica do concepto e a s\u00faa emerxencia coma obxecto de estudo das ciencias sociais 2.\tQue cidadan\u00eda?: Formas e fondo da cidadan\u00eda iii.\tReclamar e exercer dereitos: construci\u00f3n da cidadan\u00eda e papel da sociedade civil na segunda rep\u00fablica 3.\tExpansi\u00f3n societaria e acci\u00f3n colectiva no per\u00edodo republicano 4.\tExercizo do voto nos procesos electorais republicanos iv. Destruci\u00f3n da sociedade civil democr\u00e1tica 5.\tA guerra e a creba do modelo de cidad\u00e1n republicano: golpe de estado e destruci\u00f3n da sociedade civil 6.\tAs estruturas societarias do franquismo v. Conclusi\u00f3ns  o desenvolvemento deste esquema dende os datos extra\u00eddos permite aportar claves definitorias da an\u00e1lise proxectada inicialmente no presente estudo e aportar conclusi\u00f3ns novidosas ou que reforzan o xa apuntado noutros estudos anteriores con tem\u00e1ticas concomitantes. determ\u00ednanse, para o caso de lugo, fases claramente marcadas de expansi\u00f3n do societarismo voluntario dende a formulaci\u00f3n da lexislaci\u00f3n liberal de finais de xix at\u00e9 o golpe de estado de 1936: unha inicial que corresponde \u00e1 plenitude do sistema restauracionista (1887-1917), unha posterior correspondente coa crise do mesmo (1917-1930) e a expansi\u00f3n en per\u00edodo republicano (1931-1936). O intre de crise da restauraci\u00f3n representa un boom asociativo (principalmente correspondente aos anos vinte) que evol\u00fae nos anos da segunda rep\u00fablica, coma consecuencia da politizaci\u00f3n que ten lugar nese per\u00edodo, cara a un meirande pluralismo, do mesmo xeito que se extende territorialmente. As\u00ed, o nivel de imprantaci\u00f3n de todo tipo de colectivos das vilas intermedias increm\u00e9ntase e comezan a ter presenza tam\u00e9n nas parroquias certas tipolox\u00edas societarias que tradicionalmente se produciran en exclusiva en contextos urbanos; o cal \u00e9 s\u00edntoma da incorporaci\u00f3n a eses modelos de participaci\u00f3n de grupos subalternos e das clases populares.  en canto \u00e1s bases sociais actuantes neste contexto, \u00e9 destac\u00e1bel tam\u00e9n a s\u00faa heteroxeneidade, tendo un rol sobranceiro as clases medias e profesionais onda labregos e traballadores, que dan lugar a espazos de actuaci\u00f3n conxunta entre eles. Esta presenza, nuns casos, \u00e9 debida \u00e1 habilidade para a inserci\u00f3n en \u00e1mbitos de participaci\u00f3n tradicionalmente vencellados a estratos sociais superiores, mentres noutros escenarios son capaces de crear espazos propios alternativos e claramente enfrontados coas elites tradicionais.   o protagonismo deses sectores da clase media no liderazgo e conformaci\u00f3n do tecido societario fai emerxer unha nova elite que ten a s\u00faa principal v\u00eda de diferenciaci\u00f3n xustamente na participaci\u00f3n no asociacionismo voluntario por unha banda e a involucraci\u00f3n no mundo da pol\u00edtica polo outro. Isto vai forzando ou facendo normal o seu reco\u00f1ecemento por unha dobre v\u00eda: o exercizo activo de dereitos a trav\u00e9s do voto e do societarismo e, ao tempo, a reivindicaci\u00f3n dos mesmos a trav\u00e9s da acci\u00f3n colectiva.  \ta dimensi\u00f3n das formas de asociaci\u00f3n voluntaria limita o recurso \u00e1 acci\u00f3n colectiva, na medida en que a inclusi\u00f3n no corpo cidad\u00e1n d\u00e1se principalmente pola primeira v\u00eda e, s\u00f3 de forma moi localizada e en relaci\u00f3n con situaci\u00f3ns dunha importante polarizaci\u00f3n social, se recorre a esoutro recurso no caso da provincia de lugo. os grupos sociais que fan parte dos distintos modelos societarios do momento tam\u00e9n se organizan para incidir no eido institucional, tam\u00e9n votan, e ese voto garda relaci\u00f3n con toda a aprendizaxe e experiencia pol\u00edtica que se d\u00e1 no seo do asociacionismo. Non embargantes, os procesos electorais no per\u00edodo republicano, vanse ver condicionados na provincia de lugo pola forza das opci\u00f3ns centristas e polas redes clientelares, reiteradamente gardando relaci\u00f3n un e outro aspecto e representando o poder institucional e econ\u00f3mico un activo no desenvolvemento dos procesos electorais. A existencia de espazos de resistencia ou discontinuidade a respecto desta tendenza xeralizada ten que ver coa presenza dun tecido asociativo forte e reivindicativo ou con determinadas influencias persoais de l\u00edderes das organizaci\u00f3ns republicanas.  segue a manifestarse o control do voto e a fraude propio do per\u00edodo restauracionista; mais a existencia dunha competencia plural pon o proceso democr\u00e1tico de votaci\u00f3n no centro da atenci\u00f3n das forzas pol\u00edticas participantes, rachando as din\u00e1micas de limitaci\u00f3n da participaci\u00f3n popular que se reproduc\u00edan na fase precedente; de tal xeito que as vellas elites restauracionistas se ver\u00e1n forzadas a competir pola hexemon\u00eda entre elas e con outros grupos de conformaci\u00f3n externa e alternativa a elas.  increm\u00e9ntanse, pois, os eidos de incidencia electoral de novas elites emerxentes que acceden a espazos de poder: novas clases medias de influencia principalmente local forxada a trav\u00e9s da s\u00faa participaci\u00f3n no tecido societario, conformando en ocasi\u00f3ns unha rede social alternativa que lles permite a competencia cos vellos grupos e, noutros casos, inser\u00edndose nos seus eidos de socializaci\u00f3n e confer\u00edndolles heteroxeneidade. o golpe de estado de 1936 e o poder que se instaura coma consecuencia supo\u00f1en unha clara reacci\u00f3n contra esa sociedade civil plural e articulada que se est\u00e1 a forxar no primeiro terzo do s\u00e9culo e que fora acadando, xa naquela altura, unha dimensi\u00f3n aut\u00f3noma ao poder pol\u00edtico e institucional, conseguindo condicionalo a cada pouco m\u00e1is. Para isto, foi precisa a destruci\u00f3n e aniquilamento das bases da democracia liberal mediante mecanismos de persecuci\u00f3n e eliminaci\u00f3n da esfera p\u00fablica dos seus principais l\u00edderes (as anteditas novas elites de base societaria).  os mecanismos de persecuci\u00f3n postos en pr\u00e1ctica polos golpistas desenv\u00f3lvense en orde a unha serie de criterios para rematar coa pluralidade da sociedade sobre a que se exercen: ser\u00e1n obxectivos desta pr\u00e1ctica aniquiladora persoas e colectivos en funci\u00f3n da s\u00faa ideolox\u00eda, do tipo de asociacionismo (na medida en que confronte ou non coas elites do per\u00edodo restauracionista) e da capacidade de influencia social dos seus l\u00edderes e deses colectivos, ben polo seu poder econ\u00f3mico ou ben pola s\u00faa ascendencia social ou o papel simb\u00f3lico na comunidade inmediata na que participan.  a propia pluralidade que caracteriza a sociedade no per\u00edodo anterior ao golpe determina  a heteroxeneidade pol\u00edtica, sociol\u00f3xica e socioecon\u00f3mica do colectivo que sufre persecuci\u00f3n que, non embargantes, recibe unha violencia selectiva que ten unha finalidade exemplarizante e de sometemento e paralizaci\u00f3n da poboaci\u00f3n polo medo. esta acci\u00f3n aniquiladora foi m\u00e1is dura nos primeiros anos posteriores ao golpe, e est\u00e1 claramente asociada \u00e1 l\u00f3xica de desarticular \u00e1 sociedade civil e \u00e1s autoridades da democracia republicana, castigando durante os primeiros meses a aqueles que organizaran a resistencia civil ao pronunciamento militar. Ademais, esta violencia fica relacionada coa guerra civil e a evoluci\u00f3n das operaci\u00f3ns militares, sendo m\u00e1is virulenta mentres resiste a fronte norte e decaendo considerabelmente nos \u00faltimos anos da guerra.  a persecuci\u00f3n dir\u00edxese principalmente contra persoas mozas, que acadan a maior\u00eda de idade nos anos vinte e trinta e se socializan nese contexto de expansi\u00f3n societaria que ten lugar neses anos, con participaci\u00f3n ou influencia destacada en partidos pol\u00edticos, sindicatos, sociedades agrarias e entidades do asociacionismo voluntario de diferentes orientaci\u00f3ns. Son labregos, traballadores e membros das clases medias (cunha forte presenza dos grupos de funcionarios e profesionais liberais) que acadaran, en boa parte, uns niveis de renda altos e ti\u00f1an recursos econ\u00f3micos e relaci\u00f3ns sociais consolidadas que lles confer\u00edan unha relevancia p\u00fablica.  as estratexias aniquiladoras adquiren un car\u00e1cter colectivo pola s\u00faa intencionalidade atenazadora de calquera movemento de resistencia \u00e1s novas autoridades, mais tam\u00e9n pola vixianza, control, clausura e incautaci\u00f3n que se exercen sobre o tecido societario de preguerra. Esta pol\u00edtica de sometemento in\u00edciase coa prohibici\u00f3n daquelas entidades con matiz pol\u00edtico ou sindical e contin\u00faa coa presi\u00f3n e control pol\u00edtico sobre aquelas que non fican integradas no entramado oficial que se est\u00e1 a conformar despois do golpe. Esta pol\u00edtica de f\u00e9rreo control sobre o societarismo xa tivera un precedente claro na reacci\u00f3n \u00e1 folga xeral revolucionaria de 1934 e ser\u00e1 agora levada ao extremo, consolidada, normativizada e xeralizada durante todo o r\u00e9xime posterior. mediante estes mecanismos elim\u00ednase o poder social acumulado por medio da participaci\u00f3n no asociacionismo por aquelas elites emerxentes nese per\u00edodo 1917-1936, as cales ser\u00e1n substitu\u00eddas por outros grupos que pasan a rexer as instituci\u00f3ns e organizaci\u00f3ns oficiais do nuevo estado. Estes grupos est\u00e1n constitu\u00eddos inicialmente cun peso consider\u00e1bel polas elites restauracionistas e elementos con adscrici\u00f3n pol\u00edtica dereitista na fase anterior (profesionais liberais, comerciantes e funcionarios), onda camisas viejas de falange e sectores empresariais que se atopan entre os grandes contribu\u00edntes e que non tiveran participaci\u00f3n pol\u00edtica previa. Na medida en que avancen os anos corenta este \u00faltimo grupo vai ter progresivamente meirande presenza, se ben as vellas elites conservar\u00e1n unha destacada capacidade de incidencia.  as elites que toman o poder despois do golpe militar canalizan as s\u00faas estratexias de diferenciaci\u00f3n a trav\u00e9s do novo entramado: partido \u00fanico, sindicalismo vertical e organizaci\u00f3ns de encadramento, xogando un papel importante as elecci\u00f3ns sindicais e mailas elecci\u00f3ns municipais por terzos na explicitaci\u00f3n e poxa de certos sectores por ocupar o poder. Mais estes procesos, a diferenza dos do per\u00edodo republicano, non se basean na libre competencia e na pluralidade, sen\u00f3n que est\u00e1n determinados dende arriba polo propio sistema, exclu\u00edndo taxativamente a quen non se identificaba co movimiento ou ti\u00f1a un pasado pol\u00edtico republicano ou de esquerdas.  estes procesos pseudoelectorais de designaci\u00f3n de elites son simples tr\u00e1mites nos que os resultados xa est\u00e1n predeterminados, incluso nos casos de concorrencia de varias candidaturas, tendo un f\u00e9rreo control o partido \u00fanico sobre o proceso. Por outra banda, a condici\u00f3n prefixada destes procesos fai que haxa unha desmobilizaci\u00f3n importante da masa social con dereito a voto. A fraude const\u00e1tase coma norma dende o inicio at\u00e9 o final do proceso, determinando un espazo de competencia que non \u00e9 libre nin igual para todos. Prod\u00facese unha reciclaxe consider\u00e1bel de persoal pol\u00edtico do per\u00edodo anterior tanto nas xerarqu\u00edas sindicais coma nos municipios, mais sendo maior\u00eda aqueles que nunca ocuparan postos de responsabilidade pol\u00edtica antes.  en canto ao tecido societario que se conforma xusto despois do golpe de estado, existe por un lado un grupo de entidades que exist\u00edan previamente e sobrevivir\u00e1n ao alzamiento, ben pola s\u00faa connivencia co bando sublevado ou ben pola s\u00faa inocuidade aos ollos das novas autoridades. Por outra banda, estaban as sociedades cunha imbricaci\u00f3n institucional, convert\u00e9ndose en importantes activos no proceso de construci\u00f3n do novo r\u00e9xime. inv\u00edrtense as din\u00e1micas que se estaban a proxectar contra o final do primeiro terzo do s\u00e9culo: prod\u00facese, por unha banda, unha re-centralizaci\u00f3n do entramado societario, tendo cada vez m\u00e1is importancia a capital da provincia e as principais cabeceiras comarcais. Por outra banda, a participaci\u00f3n das mulleres amosa unha clara regresi\u00f3n, pois se ben a s\u00faa presenza na esfera p\u00fablica era a\u00ednda cativa nos anos trinta malia os avanzos legais acadados, deixan de compartir eidos de organizaci\u00f3n con homes, tendo restrinxidas as canles de participaci\u00f3n a determinadas actividades auxiliares complementarias da funci\u00f3n principal que lles designaba o r\u00e9xime coma nais asignadas ao espazo do fogar. En terceiro lugar, prod\u00facese unha re-elitizaci\u00f3n que afasta as clases populares de postos directivos nas sociedades que se constit\u00faen.   a focalizaci\u00f3n sobre as relaci\u00f3ns entre os diferentes colectivos implicados nese proceso vai determinar a sorte do mesmo e da evoluci\u00f3n posterior en funci\u00f3n de como se produciran esas relaci\u00f3ns en funci\u00f3n de estratexias diverxentes ou conflu\u00edntes. Isto explica a expresi\u00f3n transicional dos conflitos sociais entre vellas e novas formas de mobilizaci\u00f3n e resposta social; as\u00ed coma dos procesos electorais na segunda rep\u00fablica. O mesmo ocorre coa resposta desigual ao golpe de estado e a meirande ou menor persecuci\u00f3n exercida por parte dos novos poderes, en funci\u00f3n de se representaran a capacidade de crear algo alternativo aos grupos tradicionais de poder ou non. Do mesmo xeito, o grao de integraci\u00f3n nas estruturas xer\u00e1rquicas do nuevo estado ou no asociacionismo consentido por este de indiv\u00edduos e grupos con antecedentes ligados \u00e1 democracia liberal anterior tam\u00e9n se explica por estas condicionantes.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<h3>Datos acad\u00e9micos de la tesis doctoral \u00ab<strong>Construci\u00f3n e destruci\u00f3n da cidadania societaria: din\u00e1mica social e pol\u00edtica da provincia de lugo na ii rep\u00fablica e nos primeiros anos do franquismo (1930-1950)<\/strong>\u00ab<\/h3>\n<ul>\n<li><strong>T\u00edtulo de la tesis:<\/strong>\u00a0 Construci\u00f3n e destruci\u00f3n da cidadania societaria: din\u00e1mica social e pol\u00edtica da provincia de lugo na ii rep\u00fablica e nos primeiros anos do franquismo (1930-1950) <\/li>\n<li><strong>Autor:<\/strong>\u00a0 Antonio Somoza  Cayado <\/li>\n<li><strong>Universidad:<\/strong>\u00a0 Santiago de compostela<\/li>\n<li><strong>Fecha de lectura de la tesis:<\/strong>\u00a0 11\/03\/2011<\/li>\n<\/ul>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<h3>Direcci\u00f3n y tribunal<\/h3>\n<ul>\n<li><strong>Director de la tesis<\/strong>\n<ul>\n<li>Lourenzo Fern\u00e1ndez Prieto<\/li>\n<\/ul>\n<\/li>\n<li><strong>Tribunal<\/strong>\n<ul>\n<li>Presidente del tribunal: ramon Villares paz <\/li>\n<li>Juan  Luis Pan-montojo gonz\u00e1lez (vocal)<\/li>\n<li>Antonio Herrera gonzalez de molina (vocal)<\/li>\n<li>Carlos Forcadell alvarez (vocal)<\/li>\n<\/ul>\n<\/li>\n<\/ul>\n<p>&nbsp;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Tesis doctoral de Antonio Somoza Cayado O presente traballo estuda para o caso da provincia de lugo a etapa da [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"site-sidebar-layout":"default","site-content-layout":"","ast-site-content-layout":"","site-content-style":"default","site-sidebar-style":"default","ast-global-header-display":"","ast-banner-title-visibility":"","ast-main-header-display":"","ast-hfb-above-header-display":"","ast-hfb-below-header-display":"","ast-hfb-mobile-header-display":"","site-post-title":"","ast-breadcrumbs-content":"","ast-featured-img":"","footer-sml-layout":"","theme-transparent-header-meta":"","adv-header-id-meta":"","stick-header-meta":"","header-above-stick-meta":"","header-main-stick-meta":"","header-below-stick-meta":"","astra-migrate-meta-layouts":"default","ast-page-background-enabled":"default","ast-page-background-meta":{"desktop":{"background-color":"var(--ast-global-color-4)","background-image":"","background-repeat":"repeat","background-position":"center center","background-size":"auto","background-attachment":"scroll","background-type":"","background-media":"","overlay-type":"","overlay-color":"","overlay-gradient":""},"tablet":{"background-color":"","background-image":"","background-repeat":"repeat","background-position":"center center","background-size":"auto","background-attachment":"scroll","background-type":"","background-media":"","overlay-type":"","overlay-color":"","overlay-gradient":""},"mobile":{"background-color":"","background-image":"","background-repeat":"repeat","background-position":"center center","background-size":"auto","background-attachment":"scroll","background-type":"","background-media":"","overlay-type":"","overlay-color":"","overlay-gradient":""}},"ast-content-background-meta":{"desktop":{"background-color":"var(--ast-global-color-5)","background-image":"","background-repeat":"repeat","background-position":"center center","background-size":"auto","background-attachment":"scroll","background-type":"","background-media":"","overlay-type":"","overlay-color":"","overlay-gradient":""},"tablet":{"background-color":"var(--ast-global-color-5)","background-image":"","background-repeat":"repeat","background-position":"center center","background-size":"auto","background-attachment":"scroll","background-type":"","background-media":"","overlay-type":"","overlay-color":"","overlay-gradient":""},"mobile":{"background-color":"var(--ast-global-color-5)","background-image":"","background-repeat":"repeat","background-position":"center center","background-size":"auto","background-attachment":"scroll","background-type":"","background-media":"","overlay-type":"","overlay-color":"","overlay-gradient":""}},"footnotes":""},"categories":[1816,977],"tags":[79488,215616,7515,215617,48413,2911],"class_list":["post-107323","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-historia-contemporanea","category-santiago-de-compostela","tag-antonio-herrera-gonzalez-de-molina","tag-antonio-somoza-cayado","tag-carlos-forcadell-alvarez","tag-juan-luis-pan-montojo-gonzalez","tag-lourenzo-fernandez-prieto","tag-ramon-villares-paz"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.deberes.net\/tesis\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/107323","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.deberes.net\/tesis\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.deberes.net\/tesis\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.deberes.net\/tesis\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.deberes.net\/tesis\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=107323"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.deberes.net\/tesis\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/107323\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.deberes.net\/tesis\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=107323"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.deberes.net\/tesis\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=107323"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.deberes.net\/tesis\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=107323"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}