{"id":108998,"date":"2011-09-06T00:00:00","date_gmt":"2011-09-06T00:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/www.deberes.net\/tesis\/sin-categoria\/depuracion-natural-de-efluentes-residuais-dun-nucleo-rural-mediante-dixestores-anaerobios-e-zonas-humidas-construa%c2%addas\/"},"modified":"2011-09-06T00:00:00","modified_gmt":"2011-09-06T00:00:00","slug":"depuracion-natural-de-efluentes-residuais-dun-nucleo-rural-mediante-dixestores-anaerobios-e-zonas-humidas-construa%c2%addas","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.deberes.net\/tesis\/ingenieria-y-tecnologia-del-medio-ambiente\/depuracion-natural-de-efluentes-residuais-dun-nucleo-rural-mediante-dixestores-anaerobios-e-zonas-humidas-construa%c2%addas\/","title":{"rendered":"Depuraci\u00f3n natural de efluentes residuais dun n\u00facleo rural mediante dixestores anaerobios   e   zonas    h\u00famidas    constru\u00eddas"},"content":{"rendered":"<h2>Tesis doctoral de <strong> Mar\u00eda Do Pilar Barros Barco <\/strong><\/h2>\n<p>Resumo e obxectivos o proceso de dixesti\u00f3n anaerobia caracter\u00edzase por unha elevada eficiencia enerx\u00e9tica e unha baixa produci\u00f3n de lodos de depuraci\u00f3n, propiedades que se derivan directamente da microbiolox\u00eda e a cin\u00e9tica do proceso. Comparativamente cos procesos de depuraci\u00f3n por aireaci\u00f3n, tales como o de lodos activos, o proceso anaerobio resulta m\u00e1is simple canto a instalaci\u00f3ns, non require bombeo de aire, polo que mesmo pode funcionar sen abastecemento el\u00e9ctrico ou calquera outra fonte de enerx\u00eda, e xera unha cantidade de lodos de depuraci\u00f3n que pode ir desde a metade da cantidade xerada no proceso aerobio at\u00e9 produci\u00f3ns nulas.  o tratamento anaerobio bas\u00e9ase na dixesti\u00f3n da materia org\u00e1nica por parte de microorganismos anaerobios presentes en augas e lodos que non conte\u00f1en os\u00edxeno. Como resultado desta degradaci\u00f3n obtense un biog\u00e1s constitu\u00eddo por metano e di\u00f3xido de carbono, xunto con alg\u00fans outros gases en concentraci\u00f3ns baixas. Desde o punto de vista da depuraci\u00f3n na li\u00f1a de augas, a dixesti\u00f3n anaerobia permite eliminar entre o 70 e o 90% das part\u00edculas en suspensi\u00f3n, e entre o 50 e o 80% da materia org\u00e1nica medida como dqo ou dbo5. Nalg\u00fans casos, por tanto, o efluente pode requirir un postratamento adicional. dentro das diferentes tecnolox\u00edas de tratamento anaerobio de augas residuais, foron os dixestores de fluxo ascendente sobre manto de lodos uasb (upflow anaerobic sludge bed) os que acadaron unha aplicaci\u00f3n importante na depuraci\u00f3n de augas residuais urbanas. Estas aplicaci\u00f3ns local\u00edzanse maiormente en pa\u00edses de clima c\u00e1lido, en que o proceso anaerobio ofrece unha eficiencia equivalente \u00e1 requirida por un tratamento secundario.  por\u00e9n, \u00e9 pos\u00edbel tam\u00e9n facer uso unicamente das etapas iniciais do proceso anaerobio, isto \u00e9, da hidr\u00f3lise e a acidificaci\u00f3n do substrato, como pretratamento de augas residuais que despois se someten a un tratamento posterior. Na pr\u00e1ctica, cando se aplica a dixesti\u00f3n anaerobia ao tratamento de efluentes dilu\u00eddos a temperatura ambiente, en pa\u00edses de clima temperado como o noso, a eficiencia da depuraci\u00f3n \u00e9 inferior \u00e1 acadada nos pa\u00edses de clima tropical. A etapa metanox\u00e9nica aparece como limitante do proceso, e acum\u00falanse \u00e1cido ac\u00e9tico e outros produtos intermedios no efluente dos dixestores, o que se traduce nunha eliminaci\u00f3n da demanda biol\u00f3xica de os\u00edxeno (dbo) insuficiente. A consideraci\u00f3n dun postratamento \u00e9 neste caso imprescind\u00edbel. as zonas h\u00famidas constru\u00eddas son sistemas de depuraci\u00f3n naturais que se caracterizan pola s\u00faa simplicidade de operaci\u00f3n, un baixo ou nulo consumo enerx\u00e9tico, unha baixa produci\u00f3n de residuos, un baixo impacto ambiental sonoro e unha boa integraci\u00f3n no medio rural. Estes sistemas requiren unha superficie de tratamento moi superior \u00e1 dos sistemas convencionais de depuraci\u00f3n, polo que a s\u00faa aplicaci\u00f3n en pa\u00edses que contan cun uso intensivo do territorio lim\u00edtase a pequenas poboaci\u00f3ns, no noso caso de at\u00e9 uns 2000 habitantes.  os sistemas combinados dixestor anaerobio-zona h\u00famida constru\u00edda (da-hc) mante\u00f1en, pois, as caracter\u00edsticas de depuraci\u00f3n natural e baixo custo, ao tempo que conforman a combinaci\u00f3n ideal, xa que os dixestores permiten, incluso en climas fr\u00edos, eliminar a maior parte dos s\u00f3lidos en suspensi\u00f3n, axudando a previr un dos principais problemas asociados \u00e1s zonas h\u00famidas de fluxo susbsuperficial, como \u00e9 o atoamento do medio filtrante (clogging). \u00e1 s\u00faa vez, as zonas h\u00famidas constru\u00eddas poden tratar calquera efluente sen dificultades para operar con efluentes dilu\u00eddos, e alcanzar un efluente de alta calidade. O obxectivo deste estudo foi, pois, o de investigar a aplicaci\u00f3n deste tipo de tecnolox\u00edas naturais aos efluentes dun n\u00facleo rural galego. Trat\u00e1ndose ambos os compo\u00f1entes, os dixestores e as zonas h\u00famidas, de tecnolox\u00edas de construci\u00f3n simple e mantemento pouco custoso, optouse por levar a cabo a experimentaci\u00f3n nunha planta a escala real, e inclu\u00edr dentro dela as tarefas de dese\u00f1o, construci\u00f3n e operaci\u00f3n da instalaci\u00f3n.  a importancia de dispormos de sistemas eficientes e sustent\u00e1beis, tanto ambiental como socialmente (baixo custo) v\u00e9n posta de manifesto polo feito de que a maior\u00eda de pequenos n\u00facleos rurais a\u00ednda hoxe verte os seus efluentes sen depurar, ou deficientemente tratados, o que \u00e9 causa dunha mala calidade das augas fluviais e outros medios receptores (cap\u00edtulo 3). Tres das catro depuradoras estudadas na comarca do carballi\u00f1o mostraron un funcionamento deficiente e xeraban efluentes deficientemente tratados, obt\u00e9ndose para o \u00e1mbito de estudo un \u00edndice de cumprimento parcial da directiva 91\/271\/ce do 34%. As depuradoras estudadas variaban en configuraci\u00f3n e proceso, indo desde as fosas s\u00e9pticas at\u00e9 sistemas aerobios avanzados. Por\u00e9n, algunhas destas depuradoras atop\u00e1banse en estado de abandono. nunha primeira fase estudouse a aplicaci\u00f3n dun tratamento anaerobio para os efluentes residuais dun n\u00facleo rural duns 30 habitantes (cap\u00edtulo 4). Dous dixestores anaerobios (da) constru\u00edronse directamente no lugar mediante acumulaci\u00f3n de aneis de formig\u00f3n de 1,2 m de di\u00e1metro, at\u00e9 unha altura total de 4 m, e un volume activo de 3,6 m3 cada un. A auga residual bruta, procedente da aldea, entraba directamente ao fondo dos dixestores, despois de pasar a trav\u00e9s dunha reixa e c\u00e1mara de desareado. O efluente dren\u00e1base desde a parte superior dos dixestores. O tempo de retenci\u00f3n hidr\u00e1ulica (trh) estimouse entre 20 e 38 h, ag\u00e1s per\u00edodos punta de gran pluviosidade.  a temperatura da auga residual variou entre 8 e 18 \u00c2\u00bac e o ph entre 6,0 e 8,5. A concentraci\u00f3n da auga residual era funci\u00f3n da chuvia e variaba fortemente, segundo indican os seguintes valores medios para o influente: demanda qu\u00edmica de os\u00edxeno (dqo): 1268 \u00c2\u00b1 1889 mg\/l; demanda biol\u00f3xica de os\u00edxeno (dbo5): 244 \u00c2\u00b1 157 mg\/l; e s\u00f3lidos en suspensi\u00f3n (sst): 863 \u00c2\u00b1 1578 mg\/l. Os valores medios para a concentraci\u00f3n efluente foron os seguintes: 318 \u00c2\u00b1 657 mg dqo\/l; 113 \u00c2\u00b1 73 mg dbo5\/l; e 47 \u00c2\u00b1 29 mg sst\/l. Durante o primeiro ano de operaci\u00f3n, a eficiencia dos dixestores foise incrementando gradualmente. Ao longo dos dous anos e medio de seguimento, a eliminaci\u00f3n media por estaci\u00f3ns foi do 87 ao 97% de sst, do 61 ao 87% de dqo e do 44 ao 68% de dbo5. Os requirimentos de mantemento foron m\u00ednimos. nunha segunda fase, a instalaci\u00f3n foi completada cun sistema de zonas h\u00famidas constru\u00eddas (hc). Desta forma, o sistema combinado da-hc comprend\u00eda dous dixestores anaerobios de fluxo ascendente (uasb) e d\u00faas zonas h\u00famidas de fluxo horizontal (fluxo subsuperficial e fluxo superficial) de 36 m2 cada un. As catro unidades operaron conectadas en serie (cap\u00edtulo 5). os dixestores anaerobios mantiveron a s\u00faa elevada capacidade de eliminaci\u00f3n de sst (80-90%), achegando tam\u00e9n preto dun 65% de eliminaci\u00f3n de dqot e dun 40-50% de dbo5. As zonas h\u00famidas constru\u00eddas, \u00e1 s\u00faa vez, achegaron unha eliminaci\u00f3n do 35% de sst, e do 70-80% de dqot e dbo5. As velocidades de carga org\u00e1nica nos hc foron de 5,2 e 4,7 g dbo5\/m2.D durante o primeiro ano e o segundo ano de operaci\u00f3n, respectivamente. As concentraci\u00f3ns do efluente medias para o primeiro e segundo ano de funcionamento foron de 49 e 28 mg dqot\/l, 29 e 15 mg dbo5\/l e 23 e 20 mg sst\/l. Durante o segundo ano de funcionamento, o sistema global alcanzou unha eliminaci\u00f3n de coliformes fecais de 2,1 unidades logar\u00edtmicas, un 52% de nitr\u00f3xeno total e un 38% de f\u00f3sforo total. por \u00faltimo, o cap\u00edtulo 6 recolle a experiencia relacionada do dese\u00f1o e dimensionamento deste tipo de instalaci\u00f3ns, xunto coa descrici\u00f3n das principais opci\u00f3ns construtivas polas que se optou nesta instalaci\u00f3n e noutras en cuxo dese\u00f1o se participou posteriormente. O sistema m\u00e1is simple para a depuraci\u00f3n secundaria dun vertido de tipo dom\u00e9stico \u00e9 a combinaci\u00f3n dun da e unha zona h\u00famida de fluxo horizontal subsuperficial (fhss), cunha dotaci\u00f3n de 3 m2\/hab. O mesmo obxectivo pode acadarse cun un sistema da-fv (zona h\u00famida de fluxo vertical) cunha dotaci\u00f3n de 1 m2\/hab. Este \u00faltimo sistema ser\u00e1 v\u00e1lido cando se precisa desnitirificaci\u00f3n avanzada, mais cunha dotaci\u00f3n na faixa de 1,5-2,4 m2\/hab. Finalmente, est\u00edmase que un sistema h\u00edbrido tipo da-fv-fhss-fss, cunha dotaci\u00f3n global no rango de 2,5-3,0 m2\/hab permite un tratamento avanzado con vistas \u00e1 reutilizaci\u00f3n da auga.  a construci\u00f3n destes sistemas pode ser acometida por pequenas empresas de locais do sector da construci\u00f3n, que empregan en xeral materiais dispo\u00f1\u00edbeis localmente. Os custos de instalaci\u00f3n poden variar moito dun a outro caso, e est\u00edmanse un rango que vai dos 150 aos 1200 \u00e2,\u00ac\/hab.Eq.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<h3>Datos acad\u00e9micos de la tesis doctoral \u00ab<strong>Depuraci\u00f3n natural de efluentes residuais dun n\u00facleo rural mediante dixestores anaerobios   e   zonas    h\u00famidas    constru\u00eddas<\/strong>\u00ab<\/h3>\n<ul>\n<li><strong>T\u00edtulo de la tesis:<\/strong>\u00a0 Depuraci\u00f3n natural de efluentes residuais dun n\u00facleo rural mediante dixestores anaerobios   e   zonas    h\u00famidas    constru\u00eddas <\/li>\n<li><strong>Autor:<\/strong>\u00a0 Mar\u00eda Do Pilar Barros Barco <\/li>\n<li><strong>Universidad:<\/strong>\u00a0 A coru\u00f1a<\/li>\n<li><strong>Fecha de lectura de la tesis:<\/strong>\u00a0 09\/06\/2011<\/li>\n<\/ul>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<h3>Direcci\u00f3n y tribunal<\/h3>\n<ul>\n<li><strong>Director de la tesis<\/strong>\n<ul>\n<li>Manuel Soto  Casti\u00f1eira<\/li>\n<\/ul>\n<\/li>\n<li><strong>Tribunal<\/strong>\n<ul>\n<li>Presidente del tribunal: Francisco Diaz-fierros viqueira <\/li>\n<li>de martin Vega (vocal)<\/li>\n<li>Juan  Antonio Alvarez rodriguez (vocal)<\/li>\n<li>eloy B\u00e9cares mantec\u00f3n (vocal)<\/li>\n<\/ul>\n<\/li>\n<\/ul>\n<p>&nbsp;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Tesis doctoral de Mar\u00eda Do Pilar Barros Barco Resumo e obxectivos o proceso de dixesti\u00f3n anaerobia caracter\u00edzase por unha elevada [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"site-sidebar-layout":"default","site-content-layout":"","ast-site-content-layout":"","site-content-style":"default","site-sidebar-style":"default","ast-global-header-display":"","ast-banner-title-visibility":"","ast-main-header-display":"","ast-hfb-above-header-display":"","ast-hfb-below-header-display":"","ast-hfb-mobile-header-display":"","site-post-title":"","ast-breadcrumbs-content":"","ast-featured-img":"","footer-sml-layout":"","theme-transparent-header-meta":"","adv-header-id-meta":"","stick-header-meta":"","header-above-stick-meta":"","header-main-stick-meta":"","header-below-stick-meta":"","astra-migrate-meta-layouts":"default","ast-page-background-enabled":"default","ast-page-background-meta":{"desktop":{"background-color":"var(--ast-global-color-4)","background-image":"","background-repeat":"repeat","background-position":"center center","background-size":"auto","background-attachment":"scroll","background-type":"","background-media":"","overlay-type":"","overlay-color":"","overlay-gradient":""},"tablet":{"background-color":"","background-image":"","background-repeat":"repeat","background-position":"center center","background-size":"auto","background-attachment":"scroll","background-type":"","background-media":"","overlay-type":"","overlay-color":"","overlay-gradient":""},"mobile":{"background-color":"","background-image":"","background-repeat":"repeat","background-position":"center center","background-size":"auto","background-attachment":"scroll","background-type":"","background-media":"","overlay-type":"","overlay-color":"","overlay-gradient":""}},"ast-content-background-meta":{"desktop":{"background-color":"var(--ast-global-color-5)","background-image":"","background-repeat":"repeat","background-position":"center center","background-size":"auto","background-attachment":"scroll","background-type":"","background-media":"","overlay-type":"","overlay-color":"","overlay-gradient":""},"tablet":{"background-color":"var(--ast-global-color-5)","background-image":"","background-repeat":"repeat","background-position":"center center","background-size":"auto","background-attachment":"scroll","background-type":"","background-media":"","overlay-type":"","overlay-color":"","overlay-gradient":""},"mobile":{"background-color":"var(--ast-global-color-5)","background-image":"","background-repeat":"repeat","background-position":"center center","background-size":"auto","background-attachment":"scroll","background-type":"","background-media":"","overlay-type":"","overlay-color":"","overlay-gradient":""}},"footnotes":""},"categories":[18576,1333],"tags":[205228,22497,2478,82654,55065,218236],"class_list":["post-108998","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-a-coruna","category-ingenieria-y-tecnologia-del-medio-ambiente","tag-de-martin-vega","tag-eloy-becares-mantecon","tag-francisco-diaz-fierros-viqueira","tag-juan-antonio-alvarez-rodriguez","tag-manuel-soto-castineira","tag-maria-do-pilar-barros-barco"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.deberes.net\/tesis\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/108998","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.deberes.net\/tesis\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.deberes.net\/tesis\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.deberes.net\/tesis\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.deberes.net\/tesis\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=108998"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.deberes.net\/tesis\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/108998\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.deberes.net\/tesis\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=108998"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.deberes.net\/tesis\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=108998"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.deberes.net\/tesis\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=108998"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}