{"id":110395,"date":"2018-03-11T10:36:24","date_gmt":"2018-03-11T10:36:24","guid":{"rendered":"https:\/\/www.deberes.net\/tesis\/sin-categoria\/os-materiais-didacticos-e-musicais-en-educacion-infantil-un-estudo-descritivo-e-interpretativo-da-percepcion-docente-en-galicia\/"},"modified":"2018-03-11T10:36:24","modified_gmt":"2018-03-11T10:36:24","slug":"os-materiais-didacticos-e-musicais-en-educacion-infantil-un-estudo-descritivo-e-interpretativo-da-percepcion-docente-en-galicia","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.deberes.net\/tesis\/santiago-de-compostela\/os-materiais-didacticos-e-musicais-en-educacion-infantil-un-estudo-descritivo-e-interpretativo-da-percepcion-docente-en-galicia\/","title":{"rendered":"Os materiais did\u00e1cticos e musicais en educaci\u00f3n infantil. un estudo descritivo e interpretativo da percepci\u00f3n docente en galicia"},"content":{"rendered":"<h2>Tesis doctoral de <strong> Rosa Mar\u00eda Vicente \u00e1lvarez <\/strong><\/h2>\n<p>A tese responde a unha necesidade da propia autora por comprender unha realidade que lle toca vivir de preto, como mestra de educaci\u00f3n infantil e especialista de m\u00fasica na etapa de primaria. as necesidades metodol\u00f3xicas abordadas, as\u00ed como o desenvolvemento da escrita que se presenta, dividida en tres partes piares e cinco puntos que fundamentan a escrita do estudo, responden a criterios de investigaci\u00f3n relacionados coa propia implicaci\u00f3n da investigadora. os piares do estudo son a explicitaci\u00f3n ontol\u00f3xica que rodea este traballo, relacionado coa exposici\u00f3n cient\u00edfica do suxeito, o obxecto e o contexto, a consideraci\u00f3n epistemol\u00f3xica que responde \u00e1 necesidade de procurar unha base no co\u00f1ecemento cient\u00edfico a partir dunha an\u00e1lise da diversidade de estudos realizados sobre a educaci\u00f3n musical e os materiais did\u00e1cticos no noso contexto e f\u00f3ra del, e o desenvolvemento dunha metodolox\u00eda apropiada tendo en conta os piares anteriores cos que constit\u00fae a investigaci\u00f3n mesma. os puntos fundamentais responden a unha estruturaci\u00f3n da escrita dividida en seis cap\u00edtulos (os tres primeiros relatan a parte ontol\u00f3xica, o cuarto a epistemol\u00f3xica e o quinto e sexto as estratexias metodol\u00f3xicas), un preludio a modo introdutorio de todo o estudo e unhas conclusi\u00f3ns que invitan a seguir reflexionando no mundo da percepci\u00f3n docente e dos materiais did\u00e1cticos e musicais na etapa infantil e seguintes. o estudo que aqu\u00ed se presenta ten por t\u00edtulo os materiais did\u00e1cticos e musicais en educaci\u00f3n infantil. Un estudo descritivo e interpretativo da percepci\u00f3n docente en galicia, este t\u00edtulo representa o contido do mesmo. por unha banda o obxecto de estudo, que abordamos neste traballo, son os materiais did\u00e1cticos e musicais, polo tanto, no interior deste estudo atopamos un cap\u00edtulo importante sobre esta tem\u00e1tica (o cap\u00edtulo iii): a dos materiais did\u00e1cticos desde un punto de vista musical. En primeiro lugar, prestamos atenci\u00f3n ao termo, e tentamos clarificar o que entendemos n\u00f3s, neste traballo de investigaci\u00f3n, por material. Para este fin, adentr\u00e1monos na filosof\u00eda dos materiais e na tecnolox\u00eda educativa, como focos atencionais dos materiais did\u00e1cticos en pedagox\u00eda. En segundo lugar, tratamos de discernir a importancia da verba did\u00e1ctico e o seu significado dentro do mundo do ensino musical e nos principais m\u00e9todos que se desenvolveron ao longo do s\u00e9culo pasado, realizando un percorrido polos principais materiais que xorden a ra\u00edz deles no desenvolvemento did\u00e1ctico musical. Temos en consideraci\u00f3n aqu\u00ed, as\/os principais estudosas\/os, as\u00ed como a\/os investigadoras\/es que nas \u00faltimas d\u00e9cadas prestaron atenci\u00f3n \u00e1 did\u00e1ctica musical no ensino primario.  por outra banda, o contexto do noso estudo \u00e9 galicia, concretamente o noso foco de interese est\u00e1 no ensino de m\u00fasica no 2\u00c2\u00ba ciclo da etapa de educaci\u00f3n infantil. Prestamos atenci\u00f3n ao curr\u00edculo, ao desenvolvemento musical e dos materiais na etapa infantil. Ademais, analizamos a formaci\u00f3n docente na especialidade musical e a m\u00fasica na especialidade infantil. Ademais, tivemos en conta, ofrecer o interese dun estudo destas caracter\u00edsticas, pola importancia da m\u00fasica no desenvolvemento infantil (aspectos que tratamos de mostrar no cap\u00edtulo i). con este prop\u00f3sito realizamos un traballo de investigaci\u00f3n dividido en d\u00faas partes (v\u00e9xase o cap\u00edtulo v e vi, correspondentes \u00e1 metodolox\u00eda). Nunha banda, realizamos unha an\u00e1lise de car\u00e1cter masivo, onde quixemos abarcar un amplo n\u00famero de respostas e implicaci\u00f3ns, para o cal realizamos un estudo descritivo de base cuantitativa. O instrumento de an\u00e1lise escollido foi o cuestionario autocumprimentado que enviamos a todos os centros galegos da nosa mostra. A mostra foi estratificada en funci\u00f3n das necesidades do estudo, por tipo de centro, zonas comarcais e provincias, obtendo unha representatividade superior ao 80% nas catro provincias galegas, cun nivel de significaci\u00f3n do 0,05 e un nivel de confianza do 95%. Na outra, realizamos unha an\u00e1lise de car\u00e1cter comprensivo, onde realizamos entrevistas semiestruturadas a un pequeno grupo de docentes que respond\u00edan a unhas caracter\u00edsticas particulares que consideramos pod\u00edan ofrecer informaci\u00f3n relevante que chegara a ofrecer, a trav\u00e9s dunha an\u00e1lise triangulada respostas de calidade ao estudo, na s\u00faa interpretaci\u00f3n da percepci\u00f3n docente sobre os materiais did\u00e1cticos e musicais na etapa infantil. ademais, este estudo d\u00e1 importancia capital ao suxeito da mesma, xa que a nosa an\u00e1lise est\u00e1 centrada na s\u00faa percepci\u00f3n. O noso suxeito \u00e9 a\/o docente que participa no desenvolvemento do ensino musical nunha etapa moi concreta, a que comprende a escolarizaci\u00f3n dos 3 aos 6 anos de idade da\/o nena\/o (este tema foi especialmente abordado no cap\u00edtulo ii). neste caso, a experiencia e a an\u00e1lise confirman que conviven no mesmo labor docentes de distinto tipo, polo que quixemos co\u00f1ecer as d\u00faas percepci\u00f3ns, comparalas e comprendelas, a trav\u00e9s da realizaci\u00f3n deste estudo. Neste caso, o noso estudo centra a s\u00faa atenci\u00f3n na an\u00e1lise da percepci\u00f3n docente do profesorado que aborda a tem\u00e1tica musical na etapa infantil. Aqu\u00ed, a an\u00e1lise focal\u00edzase en dous tipos de docentes: a\/o que ten a especialidade de educaci\u00f3n infantil e a\/o que ten a especialidade de educaci\u00f3n musical primaria. finalmente, a estratexia metodol\u00f3xica escollida por n\u00f3s para a abordaxe da an\u00e1lise da percepci\u00f3n docente segue un enfoque triangulado, que combina a an\u00e1lise descritiva e interpretativa, cunha intenci\u00f3n comprensiva dunha realidade concreta e puntual, vivenciada por un grupo particular de docentes nun contexto tam\u00e9n \u00fanico (explicamos estes procedementos no cap\u00edtulo v). por unha banda, o estudo segue un enfoque descritivo, o que implica que pretendemos ofrecer unha imaxe, o m\u00e1is real posible do que acontece no contexto que analizamos. A nosa realidade actual, case superada a 1\u00aa d\u00e9cada do s\u00e9culo xxi, \u00e9 que dous tipos de docentes especializados de distinta maneira (maxisterio pola especialidade musical primaria e maxisterio pola especialidade infantil) est\u00e1n a realizar a mesma actividade no segundo ciclo da etapa infantil, en funci\u00f3n da organizaci\u00f3n do seu centro, das necesidades dos recursos humanos dispo\u00f1ibles, etc. Por outra banda, este estudo \u00e9 de tipo interpretativo, o que implica que analizamos a realidade que viven as\/os docentes antes mencionados, como a senten e como a comprenden aquelas\/es que tiveron a ben ter en conta o noso estudo e participar nel. Neste caso, a an\u00e1lise estivo centrada na aplicaci\u00f3n dun instrumento de car\u00e1cter cualitativo, a entrevista semiestruturada. neste sentido, debemos ter moi presente que o estudo analiza a percepci\u00f3n docente, isto \u00e9 a realidade desde o seu punto de vista concreto, puntual e condicionado por diferentes factores, non controlados polo estudo, a\u00ednda que si detectados e tidos en consideraci\u00f3n. este estudo pretendeu po\u00f1er de relevo unha realidade moi concreta desde o punto de vista docente, desde a s\u00faa percepci\u00f3n da realidade do ensino musical na etapa infantil, e neste sentido, entre os obxectivos que acadamos est\u00e1n po\u00f1er en valor o material did\u00e1ctico e musical, tam\u00e9n no seu co\u00f1ecemento, uso e valoraci\u00f3n na etapa infantil, as\u00ed como resaltar a necesidade de reflexionar sobre a necesidade de avanzar na formaci\u00f3n e creaci\u00f3n de espazos docentes de di\u00e1logo para o desenvolvemento da infancia a trav\u00e9s dos materiais did\u00e1cticos e musicais. as conclusi\u00f3ns \u00e1s que este estudo nos levou e que destacamos neste resumo son (abordadas a continuaci\u00f3n do cap\u00edtulo vi): &#8211; as\/os docentes utilizan sobre todo os materiais impresos, en relaci\u00f3n \u00e1 ensinanza musical, porque son os que mellor co\u00f1ecen, a pesar de que reco\u00f1ecen que son de dubidosa calidade, na maior parte dos casos. As\u00ed \u00e9 todo, a avaliaci\u00f3n dos mesmos \u00e9 intuitiva ou inexitente. &#8211; as\/os docentes de infantil e musical te\u00f1en percepci\u00f3ns diferentes en relaci\u00f3n aos materiais musicais (manipulativos, sonoros, etc.), Para uns son desco\u00f1ecidos os m\u00e9todos dos que emerxen e para outros, a s\u00faa percepci\u00f3n da s\u00faa utilizaci\u00f3n na etapa infantil \u00e9 contraria tal e como est\u00e1 formulada no noso sistema educativo (ratio elevada, escaseza de materiais, etc.), Tendo en conta que foron creados precisamente para a iniciaci\u00f3n musical das\/os m\u00e1is pequenas\/os. &#8211; a percepci\u00f3n docente dos materiais consol\u00eddase durante a etapa de formaci\u00f3n docente e a carencia de f\u00f3rmulas para o co\u00f1ecemento, uso e valoraci\u00f3n dos materiais did\u00e1cticos e musicais impide unha percepci\u00f3n que posibilite a s\u00faa incorporaci\u00f3n na actividade coti\u00e1 das\/os docentes. &#8211; a inexistencia dunha importancia real da m\u00fasica no desenvolvemento infantil imposibilita o desenvolvemento de competencias adecuadas por parte das\/os docentes implicados neste labor. &#8211; a inexistencia dunha formaci\u00f3n que implique \u00e1s\/aos docentes no seu labor de ensinar imposibilita unha actitude adecuada durante o desenvolvemento da mesma, produc\u00edndose situaci\u00f3ns de deixadez, falta de responsabilidades, etc. &#8211; en funci\u00f3n da especialidade docente (m\u00fasica e infantil) a\/o docente s\u00edntese capacitado para desenvolver actividades musicais con materiais na etapa infantil. Se \u00e9 especialista de m\u00fasica alega que carece de competencia para desenvolver este labor na etapa infantil. Se \u00e9 especialista de infantil alega que carece de competencias para desenvolver m\u00fasica na s\u00faa etapa. &#8211; a falta de concreci\u00f3n das funci\u00f3ns, dos movementos interetapas, etc., Crea un elevado grao de inseguridade docente que dificulta as colaboraci\u00f3ns, coordinaci\u00f3ns, e o desenvolvemento das actividades conxuntas relacionadas coa elecci\u00f3n dos materiais did\u00e1cticos e musicais, a s\u00faa distribuci\u00f3n, almacenamento e utilizaci\u00f3n. Resulta unha necesidade clarificar estas funci\u00f3ns e o establecemento de canles e tempos de colaboraci\u00f3n docente interetapas e intraetapas. este estudo, tam\u00e9n pon de relevo que existen diferentes formas de abordar a an\u00e1lise da percepci\u00f3n docente, se ben, a an\u00e1lise do seu pensamento \u00e9 mellor abordada desde a pregunta directa que desde outros focos escudri\u00f1adores. Tendo en conta todo isto, a nosa \u00e9 s\u00f3 unha maneira de mirar cuns resultados moi particulares que, en funci\u00f3n da an\u00e1lise e os resultados consideramos dunha representatividade e signiticatividade que consolida a importancia e interese do tema para as\/os docentes galegos que exercen m\u00fasica na etapa infantil, porque, entre outros, f\u00e1ltalles formaci\u00f3n en did\u00e1ctica musical para a primeira infancia, porque f\u00e1ltalles materiais de calidade sonora e did\u00e1ctica para o desenvolvemento da actividade musical e, porque precisan de tempos concretos de colaboraci\u00f3n e coordinaci\u00f3n para o co\u00f1ecemento, a utilizaci\u00f3n e a valoraci\u00f3n dos materiais did\u00e1cticos e musicais no 2\u00c2\u00ba ciclo da etapa infantil. por \u00faltimo, agardamos que este traballo constit\u00faa, sequera, unha pinga de auga no oc\u00e9ano do ensino que incentive \u00e1s instituci\u00f3ns de educaci\u00f3n superior, aos organismos p\u00fablicos e\/ou privados de educaci\u00f3n e a outras\/os investigadoras\/es e\/ou grupos de traballo na li\u00f1a do desenvolvemento de iniciativas de innovaci\u00f3n que estean dirixidas cara a mellora da percepci\u00f3n docente dos materiais did\u00e1cticos e musicais no 2\u00c2\u00ba ciclo da etapa infantil.<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<h3>Datos acad\u00e9micos de la tesis doctoral \u00ab<strong>Os materiais did\u00e1cticos e musicais en educaci\u00f3n infantil. un estudo descritivo e interpretativo da percepci\u00f3n docente en galicia<\/strong>\u00ab<\/h3>\n<ul>\n<li><strong>T\u00edtulo de la tesis:<\/strong>\u00a0 Os materiais did\u00e1cticos e musicais en educaci\u00f3n infantil. un estudo descritivo e interpretativo da percepci\u00f3n docente en galicia <\/li>\n<li><strong>Autor:<\/strong>\u00a0 Rosa Mar\u00eda Vicente \u00e1lvarez <\/li>\n<li><strong>Universidad:<\/strong>\u00a0 Santiago de compostela<\/li>\n<li><strong>Fecha de lectura de la tesis:<\/strong>\u00a0 19\/07\/2011<\/li>\n<\/ul>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<h3>Direcci\u00f3n y tribunal<\/h3>\n<ul>\n<li><strong>Director de la tesis<\/strong>\n<ul>\n<li>Jes\u00fas Rodr\u00edguez Rodr\u00edguez<\/li>\n<\/ul>\n<\/li>\n<li><strong>Tribunal<\/strong>\n<ul>\n<li>Presidente del tribunal: Mar\u00eda  lourdes Montero mesa <\/li>\n<li>artur Parcerisa aran (vocal)<\/li>\n<li>maravillas Diaz gomez (vocal)<\/li>\n<li>Manuel Area moreira (vocal)<\/li>\n<\/ul>\n<\/li>\n<\/ul>\n<p>&nbsp;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Tesis doctoral de Rosa Mar\u00eda Vicente \u00e1lvarez A tese responde a unha necesidade da propia autora por comprender unha realidade [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"site-sidebar-layout":"default","site-content-layout":"","ast-site-content-layout":"","site-content-style":"default","site-sidebar-style":"default","ast-global-header-display":"","ast-banner-title-visibility":"","ast-main-header-display":"","ast-hfb-above-header-display":"","ast-hfb-below-header-display":"","ast-hfb-mobile-header-display":"","site-post-title":"","ast-breadcrumbs-content":"","ast-featured-img":"","footer-sml-layout":"","theme-transparent-header-meta":"","adv-header-id-meta":"","stick-header-meta":"","header-above-stick-meta":"","header-main-stick-meta":"","header-below-stick-meta":"","astra-migrate-meta-layouts":"default","ast-page-background-enabled":"default","ast-page-background-meta":{"desktop":{"background-color":"var(--ast-global-color-4)","background-image":"","background-repeat":"repeat","background-position":"center center","background-size":"auto","background-attachment":"scroll","background-type":"","background-media":"","overlay-type":"","overlay-color":"","overlay-gradient":""},"tablet":{"background-color":"","background-image":"","background-repeat":"repeat","background-position":"center center","background-size":"auto","background-attachment":"scroll","background-type":"","background-media":"","overlay-type":"","overlay-color":"","overlay-gradient":""},"mobile":{"background-color":"","background-image":"","background-repeat":"repeat","background-position":"center center","background-size":"auto","background-attachment":"scroll","background-type":"","background-media":"","overlay-type":"","overlay-color":"","overlay-gradient":""}},"ast-content-background-meta":{"desktop":{"background-color":"var(--ast-global-color-5)","background-image":"","background-repeat":"repeat","background-position":"center center","background-size":"auto","background-attachment":"scroll","background-type":"","background-media":"","overlay-type":"","overlay-color":"","overlay-gradient":""},"tablet":{"background-color":"var(--ast-global-color-5)","background-image":"","background-repeat":"repeat","background-position":"center center","background-size":"auto","background-attachment":"scroll","background-type":"","background-media":"","overlay-type":"","overlay-color":"","overlay-gradient":""},"mobile":{"background-color":"var(--ast-global-color-5)","background-image":"","background-repeat":"repeat","background-position":"center center","background-size":"auto","background-attachment":"scroll","background-type":"","background-media":"","overlay-type":"","overlay-color":"","overlay-gradient":""}},"footnotes":""},"categories":[2623,5173,9132,8934,977],"tags":[157940,82935,10163,54870,8125,220403],"class_list":["post-110395","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-educacion-basica","category-metodos-educativos","category-musica-y-musicologia","category-profesion-y-situacion-del-profesorado","category-santiago-de-compostela","tag-artur-parcerisa-aran","tag-jesus-rodriguez-rodriguez","tag-manuel-area-moreira","tag-maravillas-diaz-gomez","tag-maria-lourdes-montero-mesa","tag-rosa-maria-vicente-alvarez"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.deberes.net\/tesis\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/110395","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.deberes.net\/tesis\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.deberes.net\/tesis\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.deberes.net\/tesis\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.deberes.net\/tesis\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=110395"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.deberes.net\/tesis\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/110395\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.deberes.net\/tesis\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=110395"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.deberes.net\/tesis\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=110395"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.deberes.net\/tesis\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=110395"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}