{"id":111960,"date":"2011-02-12T00:00:00","date_gmt":"2011-02-12T00:00:00","guid":{"rendered":"https:\/\/www.deberes.net\/tesis\/sin-categoria\/contra-a-morte-das-linguas-o-caso-do-galego\/"},"modified":"2011-02-12T00:00:00","modified_gmt":"2011-02-12T00:00:00","slug":"contra-a-morte-das-linguas-o-caso-do-galego","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/www.deberes.net\/tesis\/linguistica-sincronica\/contra-a-morte-das-linguas-o-caso-do-galego\/","title":{"rendered":"Contra a morte das linguas: o caso do galego"},"content":{"rendered":"<h2>Tesis doctoral de <strong> Miguel Jos\u00e9 Moreira Barbeito <\/strong><\/h2>\n<p>Resumo da tese doutoral realizada por miguel moreira barbeito baixo a direcci\u00f3n da dra. Teresa moure pereiro o presente traballo de investigaci\u00f3n procura unha aproximaci\u00f3n ecol\u00f3xica ao proceso de morte de linguas, base\u00e1ndose nun modelo metodol\u00f3xico que vai do xeral ao particular. En efecto, primeiramente analizamos a situaci\u00f3n das linguo-diversidade a nivel planetario, incidindo nas causas que o motivaron, as distintas explicaci\u00f3ns que se deron a este fen\u00f3meno ao longo do tempo, as\u00ed como a descrici\u00f3n da situaci\u00f3n actual e as s\u00faas posibilidades de futuro. En segundo lugar, nos circunscribimos ao contexto concreto dunha lingua minorizada que se atopa a\u00ednda hoxe inserida nun proceso de substituci\u00f3n ling\u00ed\u00bc\u00edstica, como \u00e9 o caso do galego. a situaci\u00f3n actual da lingua galega, que responde a un proceso hist\u00f3rico de substituci\u00f3n ling\u00ed\u00bc\u00edstica iniciado polo espa\u00f1ol, determina que a lingua propia do pa\u00eds sobreviva no seu territorio como minorizada no contexto de conflito ling\u00ed\u00bc\u00edstico. Mais para chegarmos at\u00e9 aqu\u00ed e propo\u00f1ermos alternativas para a redignificaci\u00f3n do nosa lingua, en particular, e das demais minorizadas, en xeral, c\u00f3mpre det\u00e9rmonos nalg\u00fans aspectos previos, que en principio poden resultar rechamantes, mais que finalmente a s\u00faa vinculaci\u00f3n adquirir\u00e1 significado. esta investigaci\u00f3n comeza cunha breve introduci\u00f3n, constru\u00edda en forma de convite para que todas as persoas que se acheguen a ela non dubiden e se entreguen a s\u00faa lectura, recomendando en todo momento unha predisposici\u00f3n para deixarse levar polo sendeiro dese\u00f1ado, con independencia de que ao seu remate poidan concordar ou non cos argumentos expostos. Asemade, neste apartado tratamos de explicar os motivos, tanto biogr\u00e1ficos como intelectuais, que determinaron a elecci\u00f3n do propio tema desta investigaci\u00f3n como o trato que dela se fai; salientando as causas da vinculaci\u00f3n de conceptos que poidan resultar m\u00e1is discordantes. o primeiro cap\u00edtulo est\u00e1 dedicado a cuesti\u00f3ns xerais relacionadas coa propia natureza do fen\u00f3meno de morte de linguas a nivel planetario. Este feito responde ao trato que facemos do tema central da tese sempre desde a perspectiva da ling\u00ed\u00bc\u00edstica xeral. Deste xeito, comezamos cun estado da cuesti\u00f3n da ciencia actual, incidindo nunha serie de aspectos conflitivos que, ao noso modo de 1 ver, c\u00f3mpre solventar para evitarmos que a investigaci\u00f3n se transforme nunha simple acumulaci\u00f3n de co\u00f1ecemento preexistente. Por ese motivo consideramos oportuno traermos aqu\u00ed cuesti\u00f3ns epistemol\u00f3xicas, a\u00ednda que en principio poida semellar que se arredan do que caber\u00eda agardar dunha tese de doutoramento como esta. por moito que poida semellar que o interese pola diversidade ling\u00ed\u00bc\u00edstica \u00e9 un aspecto caracter\u00edstico das \u00faltimas d\u00e9cadas, o certo \u00e9 que esta cuesti\u00f3n inspirou moitas preguntas e inquedanzas na maior parte das culturas desde hai s\u00e9culos, ou mesmo milenios. Por este motivo consideramos oportuno realizar un percorrido por algunhas das interpretaci\u00f3ns mitol\u00f3xicas sobre a linguo-diversidade, co obxectivo de comprobarmos como foi asumida en diferentes e distantes tradici\u00f3ns. Ao mesmo tempo, tam\u00e9n procuramos analizar as pos\u00edbeis repercusi\u00f3ns destes mitos no pensamento actual, as\u00ed como o uso consciente que o poder fixo deles. Con todo, pode que resulte sorprendente comprobar que non todas as culturas o fixeron dun mesmo xeito, tal e como teremos ocasi\u00f3n de ver. doutra banda, baixo o noso punto de vista resulta oportuno analizarmos as diferenzas terminol\u00f3xicas existentes no eido da morte de linguas. Entendemos que \u00e9 unha cuesti\u00f3n necesaria porque as palabras que empregamos para nomearmos calquera aspecto da realidade manifestan a nosa postura ante esa cuesti\u00f3n, moito m\u00e1is nun asunto tan connotado como a diminuci\u00f3n da diversidade ling\u00ed\u00bc\u00edstica que define o momento actual; de tal xeito que atopamos not\u00e1beis diferenzas en funci\u00f3n do grao de implicaci\u00f3n que te\u00f1amos coa recuperaci\u00f3n da linguo-diversidade. As\u00ed, por exemplo, unha persoa non motivada coa recuperaci\u00f3n das linguas minorizadas non describir\u00e1 o proceso mediante conceptos como asasinato de linguas ou ling\u00ed\u00bcicidio, empregados por aqueloutras verdadeiramente comprometidas. unhas raz\u00f3ns semellantes \u00e1s que implican o emprego dun tipo de terminolox\u00eda ou outro, determinan tam\u00e9n a presenza ou ausencia do propio fen\u00f3meno da morte de linguas nas diferentes obras de consulta, manuais, atlas ou monograf\u00edas, no eido da ling\u00ed\u00bc\u00edstica. Son moitos os textos que, querendo silenciar a dr\u00e1stica reduci\u00f3n da diversidade ling\u00ed\u00bc\u00edstica, optan por ignorar esta cuesti\u00f3n fundamental que sen d\u00fabida vai determinar non s\u00f3 o estado da ling\u00ed\u00bc\u00edstica como ciencia, sen\u00f3n tam\u00e9n da propia facultade da linguaxe humana. 2 dentro da ling\u00ed\u00bc\u00edstica podemos diferenciar, a grandes trazos, d\u00faas li\u00f1as en funci\u00f3n da s\u00faa postura perante o proceso de morte de linguas. Deste xeito dist\u00ednguense dunha banda, aquelas persoas que consideran a diminuci\u00f3n do n\u00famero de linguas do mundo como un feito inacept\u00e1bel, e, doutra banda, as que se mostran favor\u00e1beis \u00e1 perda da diversidade ling\u00ed\u00bc\u00edstica. Dentro das primeiras, a maior parte delas coincide en sinalar o incesante avance das linguas maioritarias como causa da morte das linguas minorizadas; tanto a nivel local, onde se producen os conflitos directos entre a lingua oprimida e aqueloutra que procura estenderse no seu territorio, como a nivel global, en que a expansi\u00f3n dunha lingua natural para a comunicaci\u00f3n internacional motiva, tam\u00e9n, a dr\u00e1stica reduci\u00f3n da diversidade ling\u00ed\u00bc\u00edstica. Novamente incidimos nas causas da diminuci\u00f3n da diversidade ling\u00ed\u00bc\u00edstica, salientando que as desaparici\u00f3ns motivadas por axentes naturais non son representativas do concepto de morte de linguas caracter\u00edstico desta investigaci\u00f3n. neste apartado salientamos, m\u00e1is unha vez, a necesidade de vincularmos a ciencia e a \u00e9tica, en xeral, e a ling\u00ed\u00bc\u00edstica e a \u00e9tica, en particular. Ao noso modo de ver, resulta oportuno difundir socialmente un modo de actuar consciente e solidario, desbotando deste xeito o concepto de liberdade individual caracter\u00edstico do liberalismo decimon\u00f3nico, para espallar unha idea de compromiso colectivo. C\u00f3mpre incidir en que o fomento do ben com\u00fan redunda, tam\u00e9n, no beneficio a nivel individual. Por este motivo presentamos o dilema da persoa prisioneira, pois entendemos que na s\u00faa formulaci\u00f3n recolle completamente este necesario cambio de mentalidade, promocionando a evoluci\u00f3n do eu ao n\u00f3s. por \u00faltimo neste cap\u00edtulo, analizamos a relaci\u00f3n existente entre a linguo-diversidade e a econom\u00eda. Moitas veces se repetiu que neste mundo rexido polo sistema capitalista, as linguas minoritarias resultan antiecon\u00f3micas e, por tanto, insost\u00edbeis. Pois non s\u00f3 non producen novo capital, sen\u00f3n que resultan moi custosas para os grandes estados, ocultando o inmenso custe econ\u00f3mico e social que implican os procesos de substituci\u00f3n ling\u00ed\u00bc\u00edstica desenvolvidos polas linguas dominantes. Mais o certo \u00e9 que, baixo o noso punto de vista, existen diversas cuesti\u00f3ns que non poden ser reducidas a criterios econ\u00f3micos. As linguas, os r\u00edos ou o propio aire, non poden ser interpretados mediante principios econ\u00f3micos; non son caros nin baratos, simplemente se escapan desta consideraci\u00f3n. Non poden ser as linguas as que se adapten aos principios da econom\u00eda, sen\u00f3n a econom\u00eda \u00e1s caracter\u00edsticas das linguas. 3 o segundo cap\u00edtulo desta investigaci\u00f3n c\u00e9ntrase na categor\u00eda de dereitos ling\u00ed\u00bc\u00edsticos, ao tempo que focaliza a atenci\u00f3n en maior medida na situaci\u00f3n concreta do galego, como exemplo de lingua minorizada. Ao mesmo tempo, continuando co paralelismo co eido da \u00e9tica, propo\u00f1emos un dilema baseado nas persoas falantes de linguas minorizadas. Neste mesmo sentido, propo\u00f1emos unha \u00e9tica das linguas, enunciando unha serie de principios \u00e9ticos relativos ao respecto e \u00e1 conservaci\u00f3n de todas as linguas do mundo. dentro da an\u00e1lise da interpretaci\u00f3n tradicional dos dereitos ling\u00ed\u00bc\u00edsticos, incorporamos un apartado dedicado \u00e1 declaraci\u00f3n universal de dereitos ling\u00ed\u00bc\u00edsticos. Entendemos que, pese \u00e1 s\u00faa moderaci\u00f3n e eurocentrismo, constit\u00fae un referente fundamental no reco\u00f1ecemento dos dereitos ling\u00ed\u00bc\u00edsticos a nivel internacional. Consiste nunha iniciativa de gran valor que pretend\u00eda tirar luz sobre un tema que at\u00e9 o momento pasaba desapercibido para a maior parte da poboaci\u00f3n, como o \u00e9 o reco\u00f1ecemento da situaci\u00f3n en que sobreviven \u00e1s m\u00e1is das linguas do mundo. Esta declaraci\u00f3n constit\u00fae un fundamental punto de partida que c\u00f3mpre valorar e considerar como se merece. posteriormente \u00e1 an\u00e1lise da situaci\u00f3n dos dereitos ling\u00ed\u00bc\u00edsticos, presentamos o noso propio paradigma que pretende ser m\u00e1is abarcador. Esta nova proposta fundam\u00e9ntase na reinterpretaci\u00f3n de tres conceptos, ao noso modo de ver, fundamentais, como son a noci\u00f3n de individual, de naci\u00f3n e de dereito ling\u00ed\u00bc\u00edstico. Tal e como teremos ocasi\u00f3n de comprobar posteriormente, a especial relaci\u00f3n entre os integrantes desta tr\u00edade determinar\u00e1 a formulaci\u00f3n da hip\u00f3tese principal desta investigaci\u00f3n, denominada hip\u00f3tese da linguo-diversidade. esta tese de doutoramento, do mesmo xeito que calquera outro traballo de investigaci\u00f3n, pos\u00fae unha historia que non sempre responde a un modelo de evoluci\u00f3n lineal. Moi ao contrario, en ocasi\u00f3ns \u00e9 preciso desbotar unha idea para podermos reconducir o cami\u00f1o. Da mesma maneira, neste traballo tam\u00e9n rexeitamos unha hip\u00f3tese previa, ao comprobarmos que ficaba refutada polos datos. Decidimos non ocultar esta informaci\u00f3n inclu\u00edndo unicamente a hip\u00f3tese definitiva, pois entendemos que toda investigaci\u00f3n implica cambio e evoluci\u00f3n, polo que os pasos previos, a\u00ednda sendo errados, serven para afianzar as etapas seguintes. a hip\u00f3tese da linguo-diversidade v\u00e9n determinada por aspectos que poden semellar distantes, mais que realmente non o son tanto. Por exemplo, entre outros moitos, a interrelaci\u00f3n entre o individual ou o colectivo, decisiva na formulaci\u00f3n do noso concepto de dereitos ling\u00ed\u00bc\u00edsticos; 4 a importancia de difundirmos o entusiasmo para contribu\u00edr \u00e1 conservaci\u00f3n das linguas minorizadas; a teor\u00eda da antidiscriminaci\u00f3n; ou o emprego terxiversado dos dereitos ling\u00ed\u00bc\u00edsticos, que pretende lexitimar o abandono da lingua propia do lugar onde vivimos en beneficio da dominante que se imp\u00f3n no proceso de substituci\u00f3n ling\u00ed\u00bc\u00edstica. como peche deste cap\u00edtulo inclu\u00edmos un apartado centrado na vinculaci\u00f3n da reivindicaci\u00f3n dos dereitos ling\u00ed\u00bc\u00edsticos cos movementos altermundistas. Dado que baixo o noso punto de vista todas as revoluci\u00f3ns est\u00e1n conectadas, acreditamos na necesidade de adherirmos a loita pola conservaci\u00f3n da linguo-diversidade a outras reivindicaci\u00f3ns tam\u00e9n lex\u00edtimas. Deste xeito, procuramos cinguir os argumentos da ecoling\u00ed\u00bc\u00edstica aos do ideario altermundista, sendo conscientes de que a fragmentaci\u00f3n das revoluci\u00f3ns caracter\u00edstica do individualismo liberal as conduce inevitabelmente ao fracaso. o terceiro cap\u00edtulo deste traballo oc\u00fapase da planificaci\u00f3n ling\u00ed\u00bc\u00edstica. Sabemos que tradicionalmente as investigaci\u00f3ns deste tipo non elaboraron aplicaci\u00f3ns pr\u00e1cticas dos principios te\u00f3ricos propostos, mais neste caso consideramos oportuno facer unha proposta de planificaci\u00f3n da lingua galega que inclu\u00edse as ideas desenvolvidas ao longo dos cap\u00edtulos precedentes. Deste xeito, a proposta que presentamos, respectuosa cos principios \u00e9ticos salientados, fundam\u00e9ntase en dous aspectos que son, ao noso modo de ver, fundamentais para a recuperaci\u00f3n de calquera lingua minorizada nun proceso de substituci\u00f3n ling\u00ed\u00bc\u00edstica: a consolidaci\u00f3n do est\u00e1ndar, e a difusi\u00f3n social dun modelo lingua de calidade. Ambos os dous aspectos, a\u00ednda estando intimamente relacionados, requiren a implicaci\u00f3n de axentes normalizadores distintos: as instituci\u00f3ns con competencias ling\u00ed\u00bc\u00edsticas e o conxunto de falantes da lingua, respectivamente. O labor destes dous colectivos resulta igualmente importante, porque ning\u00fan deles abonda por si propio para acadar a plena normalizaci\u00f3n da lingua. por \u00faltimo, esta tese de doutoramento concl\u00fae cun apartado dedicado \u00e1 recapitulaci\u00f3n das principais ideas desenvolvidas nela. Neste punto incidimos nos argumentos que poidan resultar m\u00e1is proveitosos, quer pola s\u00faa importancia, quer pola orixinalidade do trato que lle outorgamos; analiz\u00e1ndoos nesta \u00faltima etapa do traballo desde unha perspectiva anovada, que v\u00e9n determinada pola aprendizaxe adquirida no seu percorrido. Ao mesmo tempo, procuramos peneirar o co\u00f1ecemento con tino empregando as ferramentas presentadas nesta investigaci\u00f3n, co fin de evitarmos que fiquen silenciados aqueles aspectos da realidade que en verdade importan. 5<\/p>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<h3>Datos acad\u00e9micos de la tesis doctoral \u00ab<strong>Contra a morte das linguas: o caso do galego<\/strong>\u00ab<\/h3>\n<ul>\n<li><strong>T\u00edtulo de la tesis:<\/strong>\u00a0 Contra a morte das linguas: o caso do galego <\/li>\n<li><strong>Autor:<\/strong>\u00a0 Miguel Jos\u00e9 Moreira Barbeito <\/li>\n<li><strong>Universidad:<\/strong>\u00a0 Santiago de compostela<\/li>\n<li><strong>Fecha de lectura de la tesis:<\/strong>\u00a0 02\/12\/2011<\/li>\n<\/ul>\n<p>&nbsp;<\/p>\n<h3>Direcci\u00f3n y tribunal<\/h3>\n<ul>\n<li><strong>Director de la tesis<\/strong>\n<ul>\n<li>Mar\u00eda  Teresa Moure Pereiro<\/li>\n<\/ul>\n<\/li>\n<li><strong>Tribunal<\/strong>\n<ul>\n<li>Presidente del tribunal: Mar\u00eda pilar Garc\u00eda negro <\/li>\n<li>Mar\u00eda  carme Junyent figueras (vocal)<\/li>\n<li>v\u00edctor Longa mart\u00ednez (vocal)<\/li>\n<li>tove Stktnabb-kangas (vocal)<\/li>\n<\/ul>\n<\/li>\n<\/ul>\n<p>&nbsp;<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Tesis doctoral de Miguel Jos\u00e9 Moreira Barbeito Resumo da tese doutoral realizada por miguel moreira barbeito baixo a direcci\u00f3n da [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":0,"comment_status":"open","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"site-sidebar-layout":"default","site-content-layout":"","ast-site-content-layout":"","site-content-style":"default","site-sidebar-style":"default","ast-global-header-display":"","ast-banner-title-visibility":"","ast-main-header-display":"","ast-hfb-above-header-display":"","ast-hfb-below-header-display":"","ast-hfb-mobile-header-display":"","site-post-title":"","ast-breadcrumbs-content":"","ast-featured-img":"","footer-sml-layout":"","theme-transparent-header-meta":"","adv-header-id-meta":"","stick-header-meta":"","header-above-stick-meta":"","header-main-stick-meta":"","header-below-stick-meta":"","astra-migrate-meta-layouts":"default","ast-page-background-enabled":"default","ast-page-background-meta":{"desktop":{"background-color":"var(--ast-global-color-4)","background-image":"","background-repeat":"repeat","background-position":"center center","background-size":"auto","background-attachment":"scroll","background-type":"","background-media":"","overlay-type":"","overlay-color":"","overlay-gradient":""},"tablet":{"background-color":"","background-image":"","background-repeat":"repeat","background-position":"center center","background-size":"auto","background-attachment":"scroll","background-type":"","background-media":"","overlay-type":"","overlay-color":"","overlay-gradient":""},"mobile":{"background-color":"","background-image":"","background-repeat":"repeat","background-position":"center center","background-size":"auto","background-attachment":"scroll","background-type":"","background-media":"","overlay-type":"","overlay-color":"","overlay-gradient":""}},"ast-content-background-meta":{"desktop":{"background-color":"var(--ast-global-color-5)","background-image":"","background-repeat":"repeat","background-position":"center center","background-size":"auto","background-attachment":"scroll","background-type":"","background-media":"","overlay-type":"","overlay-color":"","overlay-gradient":""},"tablet":{"background-color":"var(--ast-global-color-5)","background-image":"","background-repeat":"repeat","background-position":"center center","background-size":"auto","background-attachment":"scroll","background-type":"","background-media":"","overlay-type":"","overlay-color":"","overlay-gradient":""},"mobile":{"background-color":"var(--ast-global-color-5)","background-image":"","background-repeat":"repeat","background-position":"center center","background-size":"auto","background-attachment":"scroll","background-type":"","background-media":"","overlay-type":"","overlay-color":"","overlay-gradient":""}},"footnotes":""},"categories":[62,977,3676],"tags":[64374,76213,146671,222916,222918,222917],"class_list":["post-111960","post","type-post","status-publish","format-standard","hentry","category-linguistica-sincronica","category-santiago-de-compostela","category-sociolinguistica","tag-maria-carme-junyent-figueras","tag-maria-pilar-garcia-negro","tag-maria-teresa-moure-pereiro","tag-miguel-jose-moreira-barbeito","tag-tove-stktnabb-kangas","tag-victor-longa-Martinez"],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/www.deberes.net\/tesis\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/111960","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/www.deberes.net\/tesis\/wp-json\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/www.deberes.net\/tesis\/wp-json\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.deberes.net\/tesis\/wp-json\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/www.deberes.net\/tesis\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=111960"}],"version-history":[{"count":0,"href":"https:\/\/www.deberes.net\/tesis\/wp-json\/wp\/v2\/posts\/111960\/revisions"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/www.deberes.net\/tesis\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=111960"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.deberes.net\/tesis\/wp-json\/wp\/v2\/categories?post=111960"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/www.deberes.net\/tesis\/wp-json\/wp\/v2\/tags?post=111960"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}